HomeMovementos sociaisA loita feminista no sector audiovisual galego

A loita feminista no sector audiovisual galego

O teito de cristal, a falta de políticas que apoien as figuras femininas, as actitudes machistas ou as eivas na educación foron algúns dos temas que abordaron Tamara Canoso, María Ruido, Anxos Fazáns e Jaione Camborda nun coloquio sobre mulleres creadoras.

Publicado o

- Advertisement -

A sociedade está cambiando -xa era hora!-; estamos surfeando unha onda, pero o océano é moi grande. E, niso, o audiovisual vai moi por detrás da sociedade”. Unha mirada tinguida de pesimismo, pero aínda con folgos esperanzados, foi a que se expuxo esta mañá nunha mesa redonda sobre a situación das mulleres no audiovisual galego. Nela participaron profesionais do sector como Tamara Canosa, Jaione Camborda, María Ruido e Anxos Fazáns. Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, foi a encargada de moderar este debate, enmarcado na programación de Cineuropa, e celebrado no Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela).

A reflexión coa que se inicia esta peza foi, precisamente, unha das ideas nas que máis se incidiu. Pronunciouna a actriz Tamara Canosa case ao comezo do coloquio, e a ela se sumaron as outras compañeiras.

O resto da noticia pódese consultar no Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...