HomesociedadeComeza unha nova edición de 'Coñece a túa provincia'

Comeza unha nova edición de ‘Coñece a túa provincia’

A Deputación de Lugo arrancou este mércores 26 de xuño a cuarta edición deste programa de viaxes gratuítas do que se beneficiarán preto de 2.000 persoas de 80 asociacións e colectivos lucenses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os usuarios e usuarias desta nova edición viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en verán, do 26 de xuño ata o 19 de xullo, e en outono, de setembro a outubro. A previsión é que preto de 2.000 persoas de 80 asociacións beneficiaranse este 2024 destas viaxes gratuítas pola xeografía lucense percorrendo o patrimonio natural, histórico, gastronómico e cultural de 9 concellos lucenses.

A primeira entidade beneficiaria, a asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, visitou este mércores 26 de xuño a cidade de Monforte. Estiveron no Museo do Ferrocarril, o conxunto  monumental de San Vicente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra. A ruta partiu do Mazo de Santa Comba onde o grupo foi recibido polo  Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

O Deputado Provincial destacou o éxito continuado deste programa dende a súa posta en marcha, subliñando o seu obxectivo de promover o coñecemento da provincia e ao mesmo tempo apoiar os sectores da hostalería, turismo e comercio. “Esta iniciativa reflicte o compromiso da Deputación en consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible e capaz de atraer visitantes ao longo de todo o ano”, apuntou Rivera Capón, quen subliñou, ademais, que este programa busca valorizar o patrimonio local e fomentar a creación e mantemento de emprego, especialmente nas áreas rurais.

Nesta tempada do 2024 o Coñece a túa Provincia volverá a ter como punto de partida unha das dependencias da Deputación de Lugo como pode ser o Pazo de San Marcos, o Centro de Produción Audiovisual, a Granxa Gayoso Castro, o Centro de Interpretación Terras do Miño ou o Mazo de Santa Comba.

VIAXE, XANTAR E GUÍA DE BALDE

Como en anos anteriores, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, o menú de xantar e as entradas aos diferentes lugares de interese serán de balde. Con cada grupo irá en todo momento un guía profesional que conta coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia, e contarase tamén con persoal encargado de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...