Homesociedade'Éxito rotundo' do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte segundo...

‘Éxito rotundo’ do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte segundo o Alcalde e o Presidente da D.O. Ribeira Sacra

O evento celebrouse a pasada fin de semana no Paseo do Malecón de Monforte. Estímase que visitaron o recinto unhas 20.000 persoas e vendéronse 12.000 tíckets, datos en aumento respecto doutras edicións. A presenza de adegas no certame tamén foi de récord, con 34.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rematado o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, outro gran escaparate de exaltación do viño da D.O. Ribeira Sacra dende hai seis anos, chega o momento de facer valoracións e balances.

José Tomé, Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, pronunciouse ao respecto este luns 8 de xullo cualifincando de “éxito rotundo a edicion deste ano en todos os sentidos”. Neste sendo, o rexedor monfortino afirmaba que houbo aumento de visitantes, aumento de vendas de tícekts –as vendas directas nos postos non se valoran– e tamén aumento do número de adegueiros presentes nesta sexta edición. Respecto do público que se achegou ao evento estímase que visitaron o Festival do Viño unhas 20.000 persoas, 5.000 máis que o pasado ano.

No que respecta ao movemento económico nos stands gastronómicos e ás actividades paralelas programadas –viñorutas, concertos, obradoiros infantis, etc– as valoracións confirman tamén, segundo o alcalde, un aumento importante con respecto ás edicións anteriores. Tanto nas catas como nas masterclass, a demanda superou a oferta prevista, feito que leva a pensar en mellorar a demanda deste tipo de actividades.

Finalmente, o rexedor monfortino agradeceu e puxo en valor o compromiso das 34 adegas participantes, a colaboración do Consello Regulador de Ribeira Sacra.

Ambiente na VI edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte / XdL
VALORACIÓN DO CONSELLO REGULADOR DA D.O. RIBEIRA SACRA

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra tamén considera un ‘éxito rotundo’ a celebración deste encontro cos caldos do territorio amparado, e máis tendo en conta que estiveron presentes un total de 34 adegas representando as cinco subzonas propias da Denominación de Orixe Ribeira Sacra: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Os asistentes puideron degustar unha ampla gama de viños, reflectindo a diversidade e excelencia desta rexión vitivinícola.

O presidente, Antonio Lombardia, tivo un papel destacado durante o evento. No seu discurso inaugural, por exemplo, subliñou o compromiso de viticultores e adegueiros por manter a calidade e autenticidade dos viños da rexión. Na súa intervención, rendeu homenaxe a aqueles que salvaron as viñas do abandono en tempos difíciles, destacando o seu esforzo e dedicación como clave para o rexurdimento e a prosperidade actual da Ribeira Sacra. Tivo tamén palabras para o seu pai, Mario Lombardia, como un deses devotos do viño que axudaron a manter activas as ribeiras do Sil, do Miño e do Cabe cando a denominación de orixe nin sequera era un proxecto. “Queremos seguir levando o nome da Ribeira Sacra a cada recuncho do mundo, respectando as nosas tradicións e o noso entorno natural”, afirmou.

Intervención de Antonio Lombardía. Foto: Org. Festival do Viño da RS.

Como remate á valoración, dende o CRDO Ribeira Sacra consideran que o evento tivo un “peche espectacular e unha gran afluencia de público”, engadindo que “a VI Feira do Viño da Ribeira Sacra consolidouse como un dos eventos máis importantes e esperados do calendario vitivinícola en España”.


ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...