HomeCulturaJazz Fusión a cargo do Trío Medianoche, o día 20 na terraza...

Jazz Fusión a cargo do Trío Medianoche, o día 20 na terraza das Vegas en San Clodio

O Hotel-Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, acolle este sábado 20 un concerto de Jazz Fusión a cargo do Trío Medianoche MME 3ª Dimensión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Trío Medianoche MME 3ª Dimensión intégrano músicos consagrados, con máis de 40 anos de experiencia: Emilio Blanco, batería e artiluxios, Emilio Fluxento, baixo e técnico de son, e Miquel, guitarra, armónica e guitarra sintetizada. 

Miquel, que vén de tocar durante anos con ‘Medianoche’ en Catalunya, xuntouse con estes outros dous músicos para crear este trío cunha proposta de ‘Jazz Fusión’ coa que o ano pasado xa fixeron varios concertos pola zona. Concretamente tocaron en San Clodio, en Las Vegas, e en Quiroga. Un ano despois, e dado o éxito do ano pasado, volven á terraza de Las Vegas este sábado 20 ás 23:00 h.

ÚLTIMAS

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...