HomesociedadeAseos públicos e de uso libre e gratuíto durante a celebración das...

Aseos públicos e de uso libre e gratuíto durante a celebración das Festas Patronais de Monforte

José Tomé Roca vén de anunciar como novidade, na planificación das Festas Patronais deste ano, a instalación destes servizos públicos. As Festas Patronais comezan este domingo 11 de agosto co pregón e o concerto de Rosa Cedrón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por primeira vez dende que se celebran as Festas Patronais de Monforte haberá aseos públicos e de uso libre e gratuíto que darán servizo ás  necesidades sanitarias das moitas persoas que se chegan a concentrar na zona da Compañía, durante a celebración das Festas.

Estarán en uso dende o luns 12 de agosto ata o venres 16, data na que finalizan as Festas.

Tal e como explicou Tomé “os baños que terán servizo de limpeza e mantemento diario, estarán situados na zona de celebración das actuacións musicais, 6 ó inicio do Parque dos Condes, na zona da pérgola e 6 na zona arbolada do Parque da Compañía, que, como xa se sabe, son as localizacións nas que se producen mais aglomeracións de xente”.

Ademais, explicou tamén o rexedor, “en cada unha das ubicacións escollidas colocaranse 5 aseos mixtos e 1 para persoas de mobilidade reducida e desta forma, aumentarase considerablemente a oferta que se viña dando en anos anteriores, a través dos locais de ocio, que están funcionando nesta zona”.

PRIMEIRO DÍA DAS FESTAS PATRONAIS

Domingo día 11 de agosto:

20:30 h.- Pregón, a cargo de Isabel Pardo de Vera Posada, na Casa do Concello, logo da intervención institucional do Alcalde, José Tomé Roca.

22:30 h.- ROSA CEDRÓN, na Praza de España .

ÚLTIMAS

Ouro de Quiroga e EDV 2015 triunfan no certame CINVE 2026

O pasado xoves entregáronse en Madrid os premios da 22ª edición do CINVE para...

O RadioVisual do Patrimonio emitiu desde A Seara coa Fundación Legar e alumnado do CEIP de Quiroga

O Centro de Interpretación da Música de Raíz localizado na aldea da Seara é,...

O IES Lama das Quendas de Chantada estrea novo auditorio

Acompañaron ao conselleiro a xefa territorial de Educación da Xunta en Lugo, Sagrario Sánchez,...

A conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro do agro galego

A conselleira detallou que en primeiro lugar está conseguir que o rural siga sendo...