HomesociedadeMargaride, en Quiroga, conta os días para celebrar a súa XII Festa...

Margaride, en Quiroga, conta os días para celebrar a súa XII Festa do Ouro

Esta orixinal celebración, que lembra a pegada dos romanos na localidade, será o vindeiro sábado 17 de agosto. Coñecemos o programa de actividades.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Margaride é unha localidade que pertenece ao concello de Quiroga, situada a carón do río Lor e con vestixios que acreditan o paso dos romanos. Concretamente conserva unhas covas que foron galerías no lugar coñecido como ‘complexo aurífero do Medo’, ubicación onde se realiza a ‘Festa do ouro’, un evento que vén impulsando estes anos a veciñanza a través da Asociación de Veciños e Veciñas de Margaride.

Veciñas e veciños engalanan as rúas con motivos celtas e romanos ademais de ir incorporando na zona do Medo motivos relacionados con aqueles tempos de invasión romana. Trátase dunha romaría castrexo-romana que une á veciñanza lembrando o pasado histórico, e que tamén se concibe para dar a coñecer a pegada dos romanos aos visitantes a través de actividades divulgativas.

As covas do Medo de Margaride, vestixios de galerías auríferas romanas. Foto: XMF.

No lugar do Medo, ademais de vestixios do que foron galerías auríferas, poden atoparse, a xeito de recreacións elaboradas polos propios veciños: unha catapulta, unha palloza e un ariete.

Ariete romano de Margaride. Foto: XMF.
Recreación dunha explotación de colmeas no complexo aurífero do Medo. Foto: Cedida pola Asoc. de Veciños/as.

A Asociación de Veciños/as de Margaride anima a veciños/as e visitantes a vestirse de castrexos/as ou romanos/as e visitar Margaride para vivir o ambiente, coñecer o pasado romano destas terras e participar da festa.

Veciñanza de Margaride vestidos de Castrexos e de Romanos. Foto: Asoc. de Veciños/as de Margaride.
PROGRAMA 2024

Ás 11:30 h haberá unha Misa en latín.

Ás 12:00 h. Visita ás adegas, antigas galerías auríferas, acompañados de gaiteiros.

Para as 14:30 h. está programado o xantar de confraternidade veciñal no ‘Campamento castrexo-romano’ deseñado para a ocasión. Xantar que pode reunir por enriba do cento de persoas.

E xa pola tarde, varias actividades de lecer para pequenos/as e maiores.

Ás 17:30 h. haberá diferentes actividades infantís para castrexos e romanos: chave, busca do ouro e actuación de maxia a cargo de “Deimi o Mago Castrexo”.

Ás 18:30 h. Conferencia na Cova do Medo a cargo de Luís Francisco López González, Doutor en Arqueoloxía e natural de Torbeo.

Para a noitiña, ás 20:00 h. festa con DJ Kola, e ás 22:00 h. Cea no Campamento Castrexo-romano.

Como remate á xornada, ás 23:00 h. ‘Nox Terrorem’: rituais celtas con Rumoris Fabulam Veri (Lenda, fábula ou verdade) e queimada para todos/as. E a partir das 00:00 h. verbena co grupo La Indirigible.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...