Homesociedade85 menores atendidos no Servizo de Atención Temperá da Comarca de Chantada

85 menores atendidos no Servizo de Atención Temperá da Comarca de Chantada

O servizo préstase de modo provisional no Espazo Xove (Casa da Xuventude), na cuarta planta, na Rúa Rosalía de Castro nº 1, Chantada. Desde o Concello de Chantada están ultimando, no edificio onde está a Policía Local, a adecuación dun novo espazo para prestar este servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Servizo de Atención Temperá da Comarca de Chantada, que conta coa agrupación dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada, comezou a funcionar o 1 de setembro do 2022. Esta mañá reuniuse a Comisión Mixta do Servizo na que desde o Concello de Chantada se deu conta aos representantes dos Concellos de Carballedo e Taboada da xestión do Servizo. Participaron do encontró o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e a concelleira de Servizos Sociais, Cándida Carnero; Alba Pérez Iglesias, en representación do alcalde de Carballedo, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira; e persoal dos servizos sociais e do centro de atención temperá.

Desde os concellos amosaron a súa satisfacción por contar cunha atención temperá de balde e próxima ás familias, “un servizo que está funcionando moi ben e xa está consolidado. No último ano atendéronse 85 nenas/os dos tres concellos e na actualidade temos 45 nenas/os en activo e 5 máis en seguimento”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Tal e como se recolle no DECRETO 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá, no seu capítulo I artigo 2.1. “enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. Desde os servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social.”

Reunión Comisión Mixta Atención Temperá comarca Chantada / Concello de Chantada

O servizo é gratuíto e as persoas destinatarias da atención temperá son os/as nenos/as de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situacións de risco de padecelos. A derivación a este servizo realízaa a pediatra, que é quen en función das observacións que ela faga, das demandas da familia, e de selo caso das aportacións do ámbito educativo, inicia o acceso ao SAT.

Datos da poboación infantil de 0-6 anos na comarca de Chantada

Nos últimos anos houbo un incremento de familias estranxeiras, que aumentaron a poboación, polo que no servizo evidénciase unha gran porcentaxe de usuarios que pertencen a este colectivo.

O concello de Chantada conta no mes de xullo de 2024 con 8.180 habitantes dos que 327 son nenos/as de 0 a 6 anos. O concello de Carballedo con 2.020 habitantes ten 26 nenos/as nesta franxa de idade e o de Taboada con 2.631 habitantes, ten 66.

Do número total dos nenos/as que residen en cada concello acoden e/ou acudiron ao servizo (dende a súa apertura) a seguinte porcentaxe:

  • Chantada: 19,26 %
  • Carballedo: 26,92 %
  • Taboada: 22,72 %

Dos 85 expedientes que se abriron no servizo a porcentaxe de nenos/as que asiste e/ou asistiu de cada municipio é a seguinte:

  • Chantada: 74,11 %5
  • Carballedo: 8,23 %
  • Taboada: 17,64 %

Reunión Comisión Mixta Atención Temperá comarca Chantada / Concello de Chantada

Funcións do Servizo de Atención Temperá

O servizo conta con 5 profesionais, 2 Psicólogas, Logopeda, Mestra de Educación Infantil e Terapeuta Ocupacional, para desenvolver as seguintes funcións:

  • Acollida, valoración evolutiva e intervención interdisciplinar dos/as nenos/as de 0 a 6 anos con trastornos ou situacións vulnerables do desenvolvemento.
  • Aportación e aplicación integrada de técnicas relacionadas coa Atención Temperá, nos campos da psicoloxía, da logopedia e da educación.
  • Apoio emocional, social, informativo e formativo á familia relacionado coa información diagnóstica ou co trastorno do desenvolvemento.
  • Información, orientación e apoio relacionado co desenvolvemento persoal e cas necesidades cotiás.
  • Orientación sobre outros apoios económicos, sanitarios, educativos e sociais.
  • Coordinación cos recursos sanitarios, educativos e sociais e apoio ás escolas infantís de primeiro e segundo ciclo.
  • Análise de contextos e itinerarios con identificación de factores facilitadores e barreiras.
  • Sensibilización do entorno comunitario respecto da comprensión do/a neno/a co trastorno no desenvolvemento.

O servizo funciona desde setembro ata xuño en horario de 09:00h a 19:00h de luns a xoves e de 09:00h a 14:30h os venres. O horario de atención durante os meses de xullo e agosto é dende as 08:30h ata as 15:30h, os luns, xoves e venres, e dende as 08:30h ata as 17:30h os martes e mércores. Contactos: 621 18 15 57 / 982 83 13 32 / satcomarchantada@gmail.com

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...