HomesociedadePresentado o cartel do 'Xanela Fest' que promove a operadora chantadina Xanela

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

A festa será o vindeiro venres 17 de outubro e o prato forte será a actuación da Orquestra Cinema. O evento chega como premio dun concurso que promoveu a empresa de telecomunicacións Xanela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento que se desenvolvera o venres 17 de outubro nesta localidade.

O alcalde de Guntín, Ángel Pérez, e Soraya Varela, responsable de atención comercial e eventos de Xanela, presentaron de xeito oficial o cartel coa programación desta festa que chega como premio tras un competido concurso que promoveu meses atrás a empresa de telecomunicacións chantadina.

Máis de 40 concellos participaron no concurso do Xanela Fest cunha quenda de votacións moi rifada que transcorreu entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. Guntín liderou as votacións dende o principio, pero varios concellos estiveron perto de riparlle o primeiro posto. Monterroso, Padrón, Brión, Taboada e Chantada, nesta orde, foron os seguintes clasificados.

PROGRAMA DO XANELA FEST

O prato forte será a actuación da Orquestra Cinema, que comezará a medianoite, pero antes, ás 23:30 horas, os DJ Jairo LQ e Casanova quentarán motores para ir animando ao público.

Haberá tamén inchables para os cativos e cativas de 17:30 a 19:30 e de 23:30 a 1:30 horas.

Orquestra Cinema. Foto: Facebook A Túa Xanela

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...