HomePolíticaIGV apoia a mobilización deste 6 de setembro diante do CRDORS: "Isto...

IGV apoia a mobilización deste 6 de setembro diante do CRDORS: “Isto non vai só de uvas, xogámonos o futuro do territorio”

Interior Galego Vivo (IGV) apoia a mobilización unitaria dos sindicatos SLG e UUAA o día 6 de setembro ás 12 horas diante do Consello Regulador en coherencia co traballo desenvolvido ao longo de meses propondo alternativas e demandando medidas da Xunta que "chegan tarde e son insuficientes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Interior Galego Vivo insisten en que non se pode pensar só na colleita do 2024, e piden, como minimo un plan ata 2030. “Isto non vai só de uvas, xogámonos o futuro do territorio”, afirma Antom Fente, “gandeiros que traballan a perdas e sofren o mosquito, viticultoras que non saben que facer coa uva e co traballo de todo un ano, mocidade formada sen oportunidades eiquí, falta de médicos e profesores, aldeas sen servizos básicos… isto vai de extinguirnos ou sobrevivir como sociedade e territorio, vai do mañá e do futuro que imos deixar”.

Nesta situación fan un chamamento a toda a cidadanía dos concellos da Ribeira Sacra para que se mobilizan e berren “até eiquí chegamos”». O coordinadora xeral de IGV engade: «Ninguén nos vai regalar nada se non loitamos polo que nos corresponde. Non queremos ser máis, pero tampouco menos que calquera outro territorio, nen renunciar a ter unha economía diversificada e parroquias vivas, pois o futuro non pode pasar por comer só turismo».

“Pouco importa falarmos de patrimonio da humanidade pola mañá se pola tarde seguimos baleirando o territorio de palabra, obra e omisión”, aseguran desde o movemento cidadán do interior galego. “A Xunta favorece o acaparamento de terras por capital foráneo e a liña de axudas dun máximo de 2000 euros por hectáreas impide que os pequenos viticultores poidan seguir producindo, mentres subvenciona ós grandes para que manteñan a rendibilidade e se fagan con toda a DO”.

Consideran que a destilación de crise chega moi tarde e que a Xunta debera ter feito un estudo de custes rigoroso para Ribeira Sacra que permitise complementar con achegas proprias o queimado da uva e ter feito valer a Lei da Cadea Alimentaria. “Lamentamos a pasividade dos alcaldes dos concellos máis afectados, que andan máis ocupados en facerse fotos e subirse a palcos ca en encabezar as demandas que permitan manter a viticultura heroica tal e como a coñecemos», asegura Fente.

Poñen de exemplo a situación da Rioja onde o MAPA financiou con máis de 14 millóns a poda en verde en 3604 hectáreas e o goberno financiou nunha segunda quenda 1243 hectáreas con 4.345.725 euros, “case 4000 euros por hectárea nun territorio onde producir un quilo de uva vale dez veces menos ca na Ribeira Sacra. O goberno rioxano tamén pagou a queima de viños (destilación de crise) con 15.8 millóns de euros. Cando interesa pódense adoptar decisións políticas e aparecen cartos”.

IGV considera que na Ribeira Sacra deixáronse pasar meses cando desde finais de 2023 xa se sabía a situación, “por moito que o Consello regulador restase importancia aos excedentes e por moito que continúe sen aprobar unha moratoria a novas plantacións até delimitar as parcelas que son susceptíbeis de entraren na DO. Non entendemos que unha DO, que cando quere remarca o seu carácter técnico, non desenvolvese tarefas tan básicas, para logo ter que ouvir declaracións ideolóxicas do seu presidente como que o mercado vai ser a solución para logo recoñecer que hai excedente e rematar por dicir que hai que resetear a Ribeira Sacra”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...