HomeCulturaMonforte acolle este 7 de setembro o XXIII Festival de Habaneras

Monforte acolle este 7 de setembro o XXIII Festival de Habaneras

O Festival que tradicionalmente se desenvolve na Praza de España, levarase este sábado ao Auditorio do Edificio Multiusos, debido ás inclemencias meteorolóxicas. Así ás 21:00 horas terá lugar a celebración dunha das citas clásica do verán musical monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival de Habaneras alcanza as 23 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames. O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, ás que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte, a Coral Polifónica Albricias de Maceda (Ourense) e o Coro de Voces Graves Los Templarios de Castro Urdiales (Cantabria).

A Coral Polifónica Albricias nace en Maceda no verán de 1986, cando un grupo de veciños desexan realzalos actos celebrados na honra da súa Patroa a Virxe das Neves. Dende a primeira canción que preparan toma o nome de “Albricias”; a partir dese momento, son innumerables os temas que interpretan de tipo popular, clásico, medieval, relixioso, etc…

No ano 1996 grava o seu primeiro CD de música popular galega que leva por título “Morriña”. Neste último período, concretamente nos dous anos anteriores amplía o seu repertorio de cara a época medieval; A Vila de Maceda celebra a Festa Medieval e Gastronómica do Leitón no entorno do Castelo e por este motivo especialmente, a Coral ofrece a súa participación nun concerto de música medieval.

O Coro de Voces Graves Os Templarios nace como asociación cultural de Voces Graves en 1989 en Castro Urdiales (Cantabria), para conservar e difundir o repertorio de obras compostas para voces masculinas e manter a vocación coral tan arraigada da súa contorna. A orixe dos Templarios como grupo coral xorde, con todo no ano 1973, sendo o coro actual herdeiro dun dos ochotes máis coñecidos e premiados do norte da península: o “Ochote Los Templarios.” Cumpriron pois, o pasado ano 2o23, o seu 50 aniversario.

En 1989 e baixo a dirección de Jesús María Pedra, comeza a fase como Coro de Voces Graves Los Templarios, nome que toma do antigo castelo, atribuído á orde dos Templarios situado na súa localidade. Os Templarios participaron en innumerables xornadas, festivais, aparicións en radio e televisión, concursos e diversas colaboracións. Gravou dous CD’s. Un primeiro disco “Homenaxe a Paco Labiano” e un novo CD con obras polifónicas e sacras de actualizado repertorio e acompañamento de piano.

A Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Ademais de distintos concertos en España, destacan a nivel internacional actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemaña), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal). No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada.

A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Formouse musicalmente nos conservatorios de Ourense, A Coruña e Santiago. Foi director da Coral de Samos. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.

Programa Festival de Habaneras

Coral Polifónica Albricias de Maceda

  1. Una Lágrima: F-A Rey Rivero
  2. Casiñas Brancas: Habanera Popular
  3. En el fondo del mar: Habanera Popular
  4. Meu amor e mariñeiro: M. Xosé L. Rivas
  5. Anduriña: arranxo Angel Viro

Coro de Voces Graves Los Templarios de Castro Urdiales

  1. Feliz rincón: Nicolás Torre
  2. El menú: Miguel Arregui, Karl Zollnër
  3. Boga boga: Jesús Guridi
  4. Con aire: Lucio Lázaro
  5. Viento del norte: Hermanos Agüero

Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos

  1. Paloma Mensajera: José Ruiz Gasch                             
  2. Bésame Mucho: Consuelo Velázquez, arranxo José Blasco                             
  3. Amalia Rosa: Celestino Carrasco, arranxo Fernando Menéndez Viejo
  4. Torrevieja de mis amores: Manuel Díaz Cano
  5. Habanera “Don Gil de Alcalá”: Manuel Penella

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...