HomeEconomía30.000€ para mellorar o equipamento do Matadoiro Municipal de Sarria

30.000€ para mellorar o equipamento do Matadoiro Municipal de Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou en visita ao Matadoiro que a Consellería do Medio Rural destina 30.000 euros a través dun convenio co Concello, que permitirá instalar un box de inmobilizado para atordado de vacún

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os fondos permitirán ao Concello mercar e facer unha obra de instalación dun box de inmobilizado para atordado de vacún con empuxe e suxeición da cabeza que cumpra coa normativa vixente.

Arias subliñou que se trata dunha actuación prioritaria para a comarca de Sarria, onde o sector agrogandeiro é estratéxico. A zona rexistra unha intensa actividade agropecuaria  e alberga un número importante de salas de despece e pequenos talleres cárnicos, polo que o matadoiro é de grande interese para o sector.

Esta medida forma parte da acción da Xunta para impulsar o sector primario da provincia, contribuíndo a que os gandeiros locais poidan comercializar os seus produtos en instalacións próximas e reducindo así os custos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...