HomeCulturaQuiroga acolle a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa...

Quiroga acolle a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”

Quiroga acolle a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, sobre a restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. A proposta mergúllase na restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra, que pode visitarse na Praza de España ata o 16 de setembro, está formada por paneis inseridos nunha estrutura que evoca distintas estancias dunha casa, acolle reproducións de documentos, fotografías e textos  que repasan a historia da casa e do esforzo colectivo -de institucións culturais, intelectuais e persoas anónimas- que impulsou a súa apertura como museo en xullo de 1971, con achegas de miles de galegas e galegos, no país e no exilio

A deputada de Cultura, Iria Castro, acompañada polo equipo de goberno municipal inaugurou a mostra, que chega a Quiroga no marco dunha itinerancia promovida pola Vicepresidencia da Deputación que suma unha vintena de localidades.

Iria Castro agradeceu o interese do goberno municipal, e nomeadamente da área de Dinamización  Lingüística, dirixida por Xosé Manuel Fernández, por expoñer en Quiroga esta mostra que “contribúe a ampliar o coñecemento sobre Rosalía de Castro e sobre o proceso de creación da Casa da Matanza” e explicou que “a itinerancia da mostra  procura  a presenza na rúa e nos espazos comúns dunha autora que é referente cultural, pero tamén feminista e de compromiso social, como facemos con outras iniciativas como a realización de murais homenaxe en centros educativos como o que loce na fachada da escola infantil”

O concelleiro de Dinamización Linguística, Xosé Manuel Fernández, valorou a colaboración institucional para achegar este tipo de iniciativas culturais e destacou “que acollemos con gran satisfacción esta mostra para coñecer toda a historia que agocha a hoxe Casa Museo de Rosalía, un lugar de encontro e cita obrigada para afondar na vida e obra da nosa escritora máis universal”.

A casa de Galicia. 50 anos da casa de galicia

A mostra, producida pola Fundación Rosalía e comisariada por Pepe Barro, autor da última renovación museolóxica da Casa-Museo de Rosalía Castro. O contido, elaborado con reproducións de documentos, fotografía e textos que repasan a historia do propio edificio e do esforzo colectivo que impulsou a súa apertura como museo, articúlase en seis capítulos diferenciados:

– A casa e o tren: o porqué da elección da morada
– Rosalía na Casa: a escritora vive alí entre 1882 e 1885
– Unha Casa santuario: as iniciativas da compra entre 1900 e 1940
– A causa da Casa: Xosé Mosquera e a compra en 1946.
– O Padroado da Casa: Galeguistas, progresistas e “ben vistos”
– A Casa de Galicia: Entre 1971 e 1972, ábrese a Casa coas achegas de miles de galegas e galegos

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...