HomesociedadeComeza un novo curso na 'Escola de Música Xeoparque Montañas do Courel'

Comeza un novo curso na ‘Escola de Música Xeoparque Montañas do Courel’

Durante este mes de setembro está aberta a inscricións para o vindeiro curso que se desenvolverá entre outubro deste ano e xuño do 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola de Música Xeoparque Montañas do Courel ten aberto o prazo de inscrición para o novo curso no que teñen cabida tanto nenos e nenas a partir dos seis anos como adultos sen límite de idade. Un amplo abano de instrumentos teñen cabida nesta escola, que permite ademais o acceso a exames RSL, para obter titulacións oficiais en música moderna.

Esta escola púxose en marcha o pasado ano entre tras un acordo entre os tres concellos do xeoparque –Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel– e a Escola de Música Moderna de Monforte. Ademais de alumnos e alumnas dos tres concellos o pasado curso tamén chegaron algúns da comarca de Valdeorras sobrepasando a trintena.

As clases, impartidas por 4 especialistas, repartiranse entre os concellos de Quiroga e Ribas de Sil os xoves entre as catro da tarde e as nove da noite. Concretamente, nas instalacións do Centro Social de Quiroga e nun edificio municipal de Ribas de Sil. As especialidades musicais coas que nun principio se vai comezar serán as seguintes: guitarra –-clásica, acústica e eléctrica–, baixo, piano e teclado, voz e batería e percusión. Como novidade neste curso implántase ademais teoría musical.

O custo da inscrición é de 39 € e a cota mensual está fixada en 55 €. Para obter máis información e inscribirse pódese facer a través do teléfono 982 874.976 ou do correo electrónico infor@escolamusicamoderna.es.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...