HomeCultura“A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, exposición a...

“A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, exposición a pé de rúa en Monforte

A mostra, que se pode ver na Praza do Campo de San Antonio, en Monforte, explica o proceso de restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. Está promovida pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro, acompañada pola tenente de Alcalde, Gloria Prada; o concelleiro de obras, José Luis Losada; e os 2 concelleiros do BNG na corporación municipal do Concello de Monforte, Emilio Grande e Manuel Luaces, inauguraron o pasado 1 de outubro a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”. A mostra chega a Monforte no marco dunha itinerancia promovida pola Vicepresidencia da Deputación e que suma máis dunha vintena de localidades. Poderá verse na Praza do Campo de San Antonio ata o 14 de outubro.

Iria Castro agradeceu o interese do goberno municipal por esta exposición “que contribúe a ampliar o coñecemento sobre Rosalía de Castro e sobre o proceso de creación da Casa da Matanza” e explicou que “a itinerancia da mostra  procura  a presenza na rúa e nos espazos comúns dunha autora que é referente cultural, pero tamén feminista e de compromiso social, como facemos con outras iniciativas como a realización de murais homenaxe en centros educativos”.

A CASA DE GALICIA. 5O ANOS DA CASA DE ROSALÍA

A mostra, producida pola Fundación Rosalía e comisariada por Pepe Barro, autor da última renovación museolóxica da Casa-Museo de Rosalía de Castro, está formada por paneis inseridos nunha estrutura que evoca distintas estancias dunha casa.

O contido, elaborado con reproducións de documentos, fotografías e textos que repasan a historia do propio edificio e do esforzo colectivo que impulsou a súa apertura como museo, articúlase en seis capítulos diferenciados:

– A casa e o tren: o porqué da elección da morada.
– Rosalía na Casa: a escritora vive alí entre 1882 e 1885.
– Unha Casa santuario: as iniciativas da compra entre 1900 e 1940.
– A causa da Casa: Xosé Mosquera e a compra en 1946.
– O Padroado da Casa: Galeguistas, progresistas e “ben vistos”.
– A Casa de Galicia: Entre 1971 e 1972, ábrese a Casa coas achegas de miles de galegas e galegos.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...