HomesociedadeAprobación definitiva do proxecto de reparcelación da “Zona D” de Monforte

Aprobación definitiva do proxecto de reparcelación da “Zona D” de Monforte

O custe deste proxecto de reparcelación da Zona D rondará os 400.000€ e será financiado con fondos propios municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de reparcelación da Zona D, que se corresponde cos terreos ubicados no centro da cidade inmediato ao Río Cabe, e fronte ó Colexio da Compañía, fora aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do día 7 de xullo de 2023. Posteriormente, o proxecto estivo a exposición pública, logo de ser publicado no B.O.P. de data 24 de agosto de 2023.

Tras superar o proxecto o proceso de exposición pública e de ser resoltas as alegacións presentadas, a aprobación do proxecto definitivo de reparcelación de la Zona D produciuse na Xunta de Goberno celebrada o pasado luns 16 de setembro.

O seguinte paso neste proceso, ó igual que ocorreu coa Zona C, será o de contratar o Proxecto Construtivo para, con posterioridade, licitar as obras propiamente ditas, conforme ó proxecto previamente aprobado.

A Zona D é unha área en forma de rectángulo recortado que inclúe os terreos que están ubicados entre o Paseo do río, as traseiras dos edificios da Avda. de Galicia, as traseiras dos edificios da Rúa Cardenal e unha pequena parte do Parque dos Condes que se corresponde co lugar onde está ubicado o muro de peche e a pérgola.  

Tal e como subliña o Alcalde “esta é unha nova acción que responde a seguir cumprindo co compromiso que este Equipo de Goberno e eu, como Alcalde, teño cos veciños e veciñas de monforte, de seguir mellorando o urbanismo da cidade, en todos os ámbitos, por iso,  imos dar un novo paso na mellora e posta en valor dun espazo que neste momento está en parte degradado, que coincide coas traseiras do edificio do Banco de Bilbao e do edificio do supermercado Árbol”.

A urbanización da Zona D suma unha superficie de 3.274 m2 pertencentes a pertencentes a 35 propietarios ou herdeiros incluída unha comunidade do garaxe.  A superficie total afectada por esta urbanización é de 3.274 m2 que se corresponden con 1.932 metros de chan privado e 1.342 metros de terreo publico dos que 791 m. correspóndense coa tira da zona verde pegada ó muro de peche cunha lonxitude de 41,5 m. e 561 m. do vial que descorre fronte á pérgola.

A aprobación definitiva do proxecto de reparcelación, vai permitir eliminar unha pequena bolsa de maleza e abrir un novo vial que comunica a Rúa Cardeal co Paseo do río Cabe. Tamén vai xerar novas parcelas para edificar con baixo impacto. Po outro lado, engádese tamén unha zona verde e o conxunto, tal e como remarcou no seu día o Alcalde “vai a permitir cambiar a fisionomía da cidade e poñer en valor esa zona que se atopa moi próxima ao Monumento da Nosa Sra. Da Antiga”.

Os planos de reparcelación amosan como vai quedar a zona edificable e todo o que se gana para uso público, tanto viais como zonas verdes. Cando a urbanización da Zona D estea rematada o reparto dos novos terreos será o seguinte:

  • Zonas verdes: 541 m2.
  • Viais: 1.550 m2.
  • Edificables: 1.182,95 m2 dos cales 1.126 m2 poden dar lugar a baixos e 3.958 m2 a uso de vivenda.
  • As alturas modificables serán de baixo + 3 na zona que linda co Banco de Bilbao e de baixo + 1 na zona que linda co Paseo do Río Cabe.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...