HomePolíticaO BNG pregunta ao Ministerio sobre a apertura da liña ferroviaria Monforte-Ourense

O BNG pregunta ao Ministerio sobre a apertura da liña ferroviaria Monforte-Ourense

O deputado do BNG, Néstor Rego, adscrito ao Grupo Parlamentario Mixto, formula varias preguntas dirixidas ao Goberno para a súa resposta escrita relativas á nova data de apertura da liña ferroviaria Monforte-Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A mellora da liña entre Lugo-Monforte-Ourense iniciada hai dous anos implicou actuacións de electrificación e mellora de túneles e pontes, entreoutras infraestruturas. Especialmente dificultosas están a ser as obras entre Monforte e Ourense que obrigaron a cortar a liña.

Nunha resposta de Adif ao BNG de xuño de 2024 sinalábase que “a maioría das obras estaban na fase final” e apuntábase aos “danos causados pola climatoloxía invernal” entre Santo Estevo do Sil e Os Peares como o factor que estaba a retrasar a apertura do servizo desta conexión a “finais de setembro” cando estaba prevista para abril.

Con todo a liña continúa cortada e segundo o BNG, Adif acaba de indicar que non é posíbel a súa reapertura neste outono, producíndose un novo retraso. Os últimos
problemas téñense producido no novo túnel de Oural, no que as chuvias recentes causaron a entrada de auga e o derrubamento da trincheira.

Así o BNG leva a Congreso as seguintes preguntas:

  1. Vaise producir un novo retraso na reapertura da liña ferroviaria Monforte-Ourense prevista para finais de setembro?
  2. Non foi posíbel arranxar os problemas derivados da climatoloxía e derrubes na zona dos Peares?
  3. Cales son os impedimentos na actualidade para proceder á esperada e necesaria apertura da liña? Producíronse derrubamentos e inundacións no novo túnel de Ourol?
  4. Pode Adif dar unha data fiábel e concreta para a reapertura desta liña ferroviaria? Será antes de que finalice o ano?

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...