HomeCulturaUnha nova entrega da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero chega...

Unha nova entrega da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero chega a Monforte

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe en Monforte a necesidade de formar á sociedade en igualdade a través da lectura de textos feministas que contribúan a rematar con comportamentos sexistas e pouco igualitarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada participaba este venres nunha nova entrega de libros da MAVI, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero, acompañada pola xefa da Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación, Maria Luisa Castro; a tenente de alcalde de Monforte, Gloria Mª Prada, e a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

A subdelegada fixo entrega de 11 libros para uso da biblioteca municipal monfortina, celebrando a boa acollida que está a ter o programa na provincia. Salientou neste senso a pegada que pode deixar este recurso “empregado para remover conciencias e cambiar hábitos machistas aínda presentes nunha sociedade que a día de hoxe segue marcada polas conductas sexistas e patriarcais”.

Así, lembrou que na loita contra este tipo de violencias é indispensable a educación e o fomento da lectura. “É por iso que se entregan estes libros que estarán á disposición da cidadanía na biblioteca pública municipal, e que favorecen un pensamento crítico e de adopción dunha actitude de repulsa ante comportamentos que perpetúan os estereotipos e roles de xénero”.

Neste ano 2024 as 3 maletas MAVI da Subdelegación do Goberno en Lugo percorreron distintos concellos da provincia, como Trabada, Cervantes, Barreiros, Chantada, e agora Monforte, cun total de 36 libros a disposición das persoas interesadas. A maleta entregada esta mañá conta con once libros, incluíndo un diario onde expresar reflexións e opinións sobre os mesmos.  

Entre os títulos que garda a maleta de Monforte están “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?”, de Raquel Díaz Reguera; “La cenicienta que no quería comer perdices”, de Nunila López e Miriam Cameros; “Todos deberíamos ser feministas”, de Chimamanda Ngozi; “Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo”, de Irene Cívico e Sergio Parra; “Mi marido me pega lo normal”, de Miguel Lorente Acosta; “Infamia”, de Ledicia Costas; “Amelia: historia de una lucha”, de Amelia Tiganus; “Cansadas”, de Nuria Varela; “Aqueles días en que eramos malas”, de Inma López Silva”; “Rosalía feminista”, de Helena González Fernández e “As miñas fillas de volvéronme a vida”, de Inés Fernández Lamela.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...