HomesociedadeExitosa edición do QuiMedo

Exitosa edición do QuiMedo

Un ano máis nin a choiva puido co poder de atracción deste evento de terror, un referente xa a nivel de Galicia para estas datas de Samaín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización traslada que a quinta edición do QuiMedo levou a Quiroga unhas 1.200 persoas, participantes que en moitos casos repetían para volver sorprenderse co espectacular traballo de ambientación realizado en cada casa e coa coidada caracterización dos actores e actrices. Ademais, tamén se puido comprobar que cada ano vai máis xente disfrazada, co cal aumenta o atractivo desta ruta do terror.

O pavillón municipal, centro neurálxico, abría as sete da tarde con festa infantil –o QuiMedoFest Infantil— e o posto da organización onde o líder de cada grupo recollía as pulseiras que lles permitían o acceso ás casas xunto co mapa do trazado que debían cumprir. Todos os nenos e nenas que acudían coas súas cabazas, vasoiras ou caldeiros decorados tiveron un pequeno agasallo.

Un grupo de participantes recreando a mítica serie “V”. Foto: RTMQ.

Ás dez menos cuarto o Primeiro Tenente de Alcalde, Vicente Parra, facía a presentación do evento e a organización aproveitaba para lembrar as normas a seguir así como uns consellos para desfrutar desta festa.

Durante tres horas, tempo que permaneceron abertas as casas temáticas nun percorrido polo casco urbano e Pacios de Mondelo, cada grupo debía seguir o mapa trazado pola organización para evitar as grandes aglomeracións nas entradas.  As 9 casas eran as seguintes: “Pirámide”, a “Xungla”,  “O barco pirata” a “Apocalipse zombi”, a “Casa das Torturas”, a “Casa das Bruxas”, o “Cine de terror” e a “Ouija”.

A Casa das Bruxas, QuiMedo V. Foto: RTMQ.
Unha das personaxes da casa “O barco pirata”. Foto: RTMQ.

Rematado o recorrido, o pavillón municipal esperaba aos atrevidos e atrevidas que completaban a roteiro co “Quimedo Fest” e a música dos DJ Mavi Krueguer e Adri Díaz Jason.

Aspecto do Pavillón Municipal. Foto: RTMQ.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...