HomesociedadeOs mellores produtos de tempada no Mercado de outono de Monforte

Os mellores produtos de tempada no Mercado de outono de Monforte

Será este 9 de novembro na Praza de Abastos da cidade do Cabe e contará con 14 postos de venda. Tamén haberá interesantes actividades paralelas como obradoiros, contacontos e pintacaras para a cativada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como en pasadas edicións, o Mercado de Outono de Monforte ofrecerá produtos de tempada cunha completa xornada de ocio e diversión, con actividades ao longo de toda a xornada. Haberá 14 postos de venta nos que se poderán atopar castañas, cogomelos, noces ou mel así como outros produtos elaborados: doces, marmelos ou licores ademais de embutidos e queixos galegos, xabóns, cosmética natural e artigos únicos como lámpadas de cabazas.

Abrirá as súas portas de 10:00 a 14:00 horas, e tamén pola tarde, de 17:00 a 22:00 horas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA PÚBLICO FAMILIAR

10:00 h.- Apertura do Mercado de Outono.

11:00 h.- Inauguración Oficial.

12:00 a 13:30 h.- Obradoiro de decoración de cabazas e estampados do outono para nenos e nenas. Para este obradoiro será necesario que os participantes traían a súa cabaza baleira.

17:00 a 18:30 h.- Pintacaras tenebroso.

18:00 a 19:00 h.- Contacontos de medo que dan risa, coa narradora Ángeles Goás titulado “Caldo con unto e ósos de defunto”.

Ángeles Goás, narradora. Foto cedida por ela.

19:00 a 20:30 h.- Showcooking Otoñal. Límite de prazas: 90, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto. Poderanse degustar 3 tipos de tapas elaborados con setas, castañas e outros produtos de outono. Aproximadamente, elaboraranse 30 racións de cada unha. Para poder participar nesta actividade será necesario inscribirse previamente, a partir das 18:00 h., nas propias instalacións do Mercado.

20:30 a 22:00 h.- Degustacións de produtos de outono e viños da Ribeira Sacra acompañados de música en directo. A ambientación musical correrá a cargo do grupo monfortino Segunda Parte.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...