HomeCulturaA Muiñeira de Chantada ou a Rianxeira, cal é a máis representativa...

A Muiñeira de Chantada ou a Rianxeira, cal é a máis representativa de Galicia?

Neste mes gravouse en Silleda, no Ecohotel Nós, un capítulo do programa “Morra o Conto”, que próximamente comezará na TVG. O programa enfronta, en clave lúdica e de confraternidade, elementos identitarios de Galicia. Neste capítulo rivalizan a Muñeira de Chantada e a Rianxeira como canción máis emblemática ou representativa de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para asistir á gravación do programa, o Concello de Chantada puxo un autobús no que viaxaron, entre outros, 30 integrantes da Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada que interpretarían a Muiñeira de Chantada. “Colaboramos así na divulgación do nome de Chantada e das nosas tradicións, neste caso da Muiñeira de Chantada, sen dúbida peza clave na historia da música galega”, asegura o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Mentres o bando que apoia á Rianxeira no programa destaca o feito de que teña letra; o bando que defende a Muiñeira de Chantada apóiase en que é máis antiga e tivo máis adaptacións, desde a primeira gravación que fixeron os gaiteiros de Soutelo de Montes ata a versión do artista Kike Varela con máis dun millón de reproducións, pasando polas interpretacións de Carlos Núñez, The Chieftains ou Susana Seivane.

Neste capítulo do programa “Morra o Conto” tamén se homenaxea a unha persoa vinculada coa música tradicional, que neste caso foi Óscar Rodríguez, director da Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada.

Quedamos á espera do desenlace entre a Muiñeira de Chantada e a Rianxeira.

ÚLTIMAS

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A mostra expandida, "Un cadro nun lugar", implica a cesión en déposito de cadros...

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...