HomeCulturaO BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso "Celebrando a...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG local convoca un concurso no que os e as participantes teñen que propoñer unha viñeta ou unha frase de Castelao e explicar porque é a escollida. As 2 máis votadas con ‘gústames’ terán como premio vales para gastar no comercio local de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao, anima agora á participación da veciñanza para honrar a súa figura propoñendo que lle fagan chegar frases ou viñetas do ilustre galeguista que despois serán compartidas no seu perfil das redes sociais Facebook e Instagram.

Os e as participantes terán que facer chegar a viñeta ou a frase de Castelao preferida e indicar porque é a máis querida enviándoas por correo electrónico ao enderezo quiroga@bng.gal antes do 31 de outubro.

O 3 de novembro compartiranse nas redes sociais escollidas por cada participante e esperarase ata o día 13 do mesmo mes para que a xente vote con ‘gústames’ pola que considere mellor escolla.

PREMIOS

Feito o reconto de gústames alcanzados ata o 13 de novembro escolleranse os/as 2 participantes con máis puntuación en Facebook, e o mesmo para a rede social Instagram. Os primeiros ou primeiras clasificadas terá dereito a un vale de 50 € e os segundos/as outro por importe de 30 €. Tras contactar co BNG de Quiroga os/as gañadores/as terán que informar do establecemento local onde vaian facer o gasto.

Con esta iniciativa o BNG de Quiroga quere celebrar o Ano Castelao coa veciñanza e ao mesmo tempo apoiar ao comercio local, lembrando xa de paso a toda a xente que non se esqueza nunca de que “o que teñamos no concello non o busquemos fóra”.

ÚLTIMAS

Ribas de Sil celebra a terceira edición do Festival Rock&Viño

Este venres, 14 de agosto, celebrouse a terceira edición do festival Rock & Viño...

A casa da cultura de Chantada acolle en setembro un curso de introdución á lingua e cultura galegas para maiores de 16 anos

O curso de introdución á lingua e á cultura galegas desenvolverase na casa da...

Entrega de diplomas da 3ª quincena que pecha os Campamentos Deportivos de Verán de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Opinión: O Fancine de Lemos e a cultura na Ribeira Sacra

A edición número XII do Festival de Cine Fantástico e de Terror de Monforte,...