HomeTerra de LemosSoberSober dálle a 'benvida ao Nadal' co acendido de luces e un...

Sober dálle a ‘benvida ao Nadal’ co acendido de luces e un programa ‘moi musical’

O acendido oficial será o vindeiro 13 de decembro e súa programación de Nadal comezará o 15 cunha actuación de Xisco Feijoó e o Trícole no Centro Sociocultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober dará por ‘inaugurado o Nadal’ o vindeiro 13 de decembro co acendido do alumeado tradicional destas datas nas principais rúas da vila, e tamén coa instalación de dous beléns.

Un dos beléns poñerase no Centro Sociocultural coas pezas de madeira doadas polo xa falecido Ruperto Álvarez e o outro, a tamaño natural e elaborado en madeira por Eugenio Linares, estará na Praza do Concello.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

O domingo día 15 de decembro actuará o popular Xisco Feijóo xunto co grupo local O Trícole ás 11:30 h. no Centro Sociocultural e pola tarde terá lugar no mesmo espazo o Festival de Nadal da Escola de Música de Sober.

O venres día 20 ás 12:00 h. chega ao CEIP de Sober Papá Noel e pola tarde, ás 17:30 h., a Biblioteca Municipal recibirá a visita da Apalpadora.

Chegados ao sábado 21 haberá dous concertos con panxoliñas a cargo tamén do Trícole; un deles en Sober ás 16:45 h. con continuación nos bares da localidade, e outro na igrexa de Bolmente ás 18:15 h. Pero non queda a cousa aí, musicalmente falando, porque a partires das 19:30 h. está programado o concerto de Perisic & Urquiaga. Está organizado polas Xuventudes Musicais e será no Centro Sociocultural.

O xoves 26 e o venres 27 terá lugar a Festa Infantil de Nadal no pavillón do Colexio. E este mesmo venres, unha interesante proposta musical para achegar a música moderno a todos os públicos grazas á Xingros Big Band. O concerto será no Centro Sociocultural ás 19:30 h.

Encetado xa o novo ano 2025, o xoves día 3 haberá un contacontos a cargo de María da Pontragha (17:30 h. e organizado pola MESA pola Normalización Lingüística e BPM de Sober) e Cantos de Reis a cargo do Trícole e o domingo día 5 chegarán a Sober os Reis Magos de Oriente.

María da Pontragha. Foto: Charlatana.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a participar dun Nadal “con moitas actividades” e pensando para todas as idades.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...