HomeEconomíaComeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en...

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este luns na inauguración dun novo obradoiro de emprego de xardinaría que funcionará durante os próximos nove meses nos concellos de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 412.000 euros. A iniciativa toma o relevo do taller que estivo en marcha durante o último ano, centrado na mesma especialidade.

Arias animou ás 20 persoas participantes a aproveitar a formación teórica e práctica que recibirán no obradoiro por parte de persoal especializado para mellorar as súas posibilidades de incorporarse ao mundo laboral. O alumnado que complete a actividade poderá acreditar a súa cualificación mediante un certificado profesional.

Tamén subliñou o servizo público que prestan os talleres de emprego nos concellos nos que se desenvolven. Neste caso, as persoas alumnas-traballadoras encargaranse do mantemento e acondicionamento de múltiples xardíns, zonas verdes, áreas recreativas e rutas de sendeirismo nos tres municipios.

Os obradoiros son unha das ferramentas de fomento do emprego máis demandadas polos concellos, apuntou o delegado, xa que brindan oportunidades laborais aos participantes ao tempo que melloran dotacións municipais.

Na Zona Sur da provincia de Lugo, a Xunta financia con cargo á convocatoria deste ano cinco talleres que implican a 13 concellos e supoñen un investimento autonómico de 2,1 millóns de euros. Todos eles están a poñerse en marcha nestas datas.

Obradoiro Bóveda / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que...

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O Concello de Chantada vén de anunciar os 'Campamentos e Obradoiros de Nadal', actividades...

O BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, “é especialmente grave investir 100.000€ nunha obra innecesaria”

Segundo o BNG, este feito, "por si só, demostra a absoluta falta de planificación...