HomeComarca de QuirogaQuiroga'Feira de Nadal' para dinamizar o comercio local e a artesanía en...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

Está programada para os días 28 e 29 de decembro e contará con 13 postos, que representan ao comercio local e ao sector da artesanía. Tamén haberá actividades infantís, obradoiros e animación musical.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía a fin de semana do 28 e 29 de decembro.

Representando ao comercio local e ao sector da artesanía haberá 13 postos e o espazo expositivo ubicarase na Praza España nas datas antes sinaladas con acceso gratuíto e un horario de apertura de 11:00 a 14:00 h. polas mañás e de 16:00 a 20:00 h. polas tardes.

Os postos que terán presenza no mercado do comercio local e artesanía son os seguintes: Nadira (roupa, calzado e mercería), Etna (roupa, calzado e complementos), Xobel (roupa, bolsos e bixutería), Libraría Celia (libros e xogos educativos e de mesa), Adega EDV (viño e licores), Aruba (cafés e doces), Eryn (cremas e aceites), Aramel (mel da serra do Courel), Silvia (filloas), Caurelor (marmeladas, castañas ao baleiro e mel), Riomao Estudio Creativo (artesanía da Ribeira Sacra especialista en bixutería, decoración, chaveiros, colgantes…),Trapalladas Artesanía (bixutería en prata e coiro), Armaior (utensilios de cociña e decoración en madeira de oliveira).

Posto de roupa Nadira. Foto: Asoc. Comerciantes Xeoparque Montañas do Courel.
Caurelor. Foto cedida.
ACTIVIDADES PARALELAS

Para fomentar o interese polos oficios e pola artesanía vanse realizar obradoiros gratuítos para a cativada, actividades creativas que ademais de ofrecer un espazo de lecer poden atraer a este mundo futuros profesionais. Deste xeito haberá dous obradoiros:

-Un de Decoración de Pintura en Madeira para Nadal, o sábado 28 de 17:00 a 19:00 h. a cargo de Riomao Estudio Creativo.

-Un de elaboración de Pulseiras de Coiro Personalizadas a cargo de Trapalladas Artesanía o domingo 29 de 11:00 a 13:00 h.

Riomao Estudio Creativo. Foto: XdL.

Pensando nos máis pequenos e pequenas o sábado 28 visitará Quiroga e a Feira de Nadal O Apalpador. Chegado dende as montañas do Courel fará unha ruada musical por Quiroga e rematará no recinto feiral para contar contos e historias para toda a familia. De 11:00 a 13:00 h.

Visita do Apalpador a Quiroga (2023). Foto cedida.

E como non podía faltar a música, para amenizar o mercado chegará o domingo 29 a Quiroga a charanga tradicional BENOFÁN. Farán dous pases musicais que consistirán nun pequeno pasarrúas e rematarán na carpa da feira para poñerlle animación musical a comerciantes e clientes. Pola mañá actuarán de 12:00 a 13:30 h. e pola tarde de 16:30 a 18:00 h.

Charanga tradicional BENOFÁN. Foto cedida polo grupo.

Esta 1ª edición da Feira de Nadal, Mercado do Comercio local e Artesanía, na que colabora activamente a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel, está organizada polo Concello de Quiroga e cofinanciada polo Centrad (Centro de Artesanía e Deseño) da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, área que achega 5.000 euros.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...