HomeComarca de QuirogaQuirogaAlvaredos, a aldea que quere alumear desde Quiroga todo o Nadal

Alvaredos, a aldea que quere alumear desde Quiroga todo o Nadal

Un emigrante de Estados Unidos é o artífice desta iniciativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A aldea da Ribeira Sacra de Lugo, Alvaredos, na parroquia de Montefurado e Concello de Quiroga, ten unha soa rúa incluída no trazado do Camiño de Inverno cara a Santiago, na que viven tres veciños a poucos metros da adega fundada por Antonio López Hernández. Estes días, tanto a rúa como a adega foron decoradas e iluminadas por primeira vez por un veciño emigrado a Estados Unidos.

Antonio López Fernández é propietario dun taller de chapistería en Nova Jersey e este ano pasa o Nadal na súa aldea natal con parte da súa familia, que se ocupou de decorala con luces e figuras traídas desde a súa casa de Estados Unidos, e coa axuda dos traballadores da súa adega.

Os avós e bisavós de López eran propietarios de viñedos desde finais do século XIX e o decidiu restauralos e recuperar a súa produción en 2015. Tres anos despois volveu á aldea para fundar a adega Alvaredos-Hobbs, asociado co enólogo estadounidense Paul Hobbs. “Son bisneto, neto e fillo de emigrados a Estados Unidos, que foron e volveron durante todo o século XX, e eu decidín recuperar esas raíces polas que sinto moito apego”, confesa Antonio.

A aldea de Alvaredos, en Quiroga / FB


O seu “plan” é “pór no mapa” Alvaredos, a súa aldea natal, producindo un viño “incrible” e agora iluminando o camiño dos peregrinos pola súa única rúa e celebrando con veciños e traballadores as festas do Nadal deste ano.

A festa celebrouse o día 21 e a ela acudiron máis de 40 persoans, incluso “unha parella de veciños que viven en Murcia todo o ano e decidiron sumarse á festa para ver o bonita que está a aldea”, relataba Marimar Caballero, a muller de Antonio e “armadanzas” de toda a celebración.

A capela iluminada. Foto: Cecilia
Rúas da aldea de Alvaredos con luces de Nadal. Foto: Cecilia.
NEGOCIO FUNDADO EN 2015

López restaurou os viñedos familiares para fundar en 2015 unha adega en Alvaredos asociado co enólogo de Nova York Paul Hobbs. Desde entón, e despois de sacar o primeiro viño no 2018, López seguiu coa súa idea de “pór Alvaredos no mapa” cun “viño incrible” e unha iluminación creada pola súa esposa Marimar Caballero, instalada coa axuda dos traballadores da adega.

Nunha das paredes da adega, as enólogas Cecilia e Alba manteñen en bo estado unha pequena cafeteira e enchufes para que os peregrinos poidan facer un descanso mentres recargan baterías. As súas fotografías compartidas en redes serán cómplices do plan de visibilidade de Antonio.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...