HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada estuda o uso do galego nas inscricións funerarias

Chantada estuda o uso do galego nas inscricións funerarias

A iniciativa "Palabra e Memoria", que estuda o patrimonio documental dos cemiterios galegos chegou ás parroquias do termo municipal de Chantada e fíxoo por iniciativa da filóloga Tania Vázquez García. Segundo se desprende do estudo que realizou en diferentes lugares (Asma, Líncora en Camporramiro, entre outras), nas parroquias de Chantada rexístrase un importante incremento no uso da lingua galega nas inscricións funerarias máis recentes

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A docente do Instituto Val do Asma, Tania Vázquez, respondeu á chamada da intervención educativa Palabra e Memoria, unha iniciativa do xornalista chairego, David Canto Veiga, encargado de recopilar e estudar a información recollida en toda Galicia, occidente de Asturias, o Bierzo e As Portelas (en Zamora).

No campo-santo da parroquia de San Salvador de Asma visualizou as inscricións realizadas por 253 familias e descubriu que 6 delas xa abriron as portas ao idioma galego escrito. Pola súa parte, en San Xurxo a porcentaxe é lixeiramente menor: o total de familias é de 246, das cales 3 mantiveron estabilidade en galego para redactar os textos de lembranza aos seus familiares. En Líncora e Camporramiro os resultados son semellantes.

Aínda que polo momento non foi realizado un estudo exhaustivo da documentación recollida entre algo máis de 1000 familias, a primeira vista chama a atención o distanciamento entre as expresións oral e escrita tan presente no conxunto da sociedade. Unha boa mostra témola en que a porcentaxe de inscricións funerarias en que aparecen as palabras “muller”, “home”, “fillos” ou “netos” están por debaixo da media galega (4%), se ben é certo que se nota a tendencia emerxente, moi especialmente nestes anos que levamos do século XXI. Este incremento local confirma a tendencia que se desprende do estudo realizado por David Canto: o cambio de tendencia produciuse nestes últimos anos e débese ao relevo xeracional: as primeiras persoas alfabetizadas en galego nos primeiros anos da etapa democrática pasan agora a ocuparse do coidado do lugar en que respousan definitivamente os seus parentes.

Desde o pasado mes de outubro a información panorámica está publicada nun mapa aberto á consulta pública presentado polo Consello da Cultura Galega: a “Cartografía do uso do galego nos camposantos” (https://datawrapper.dwcdn.net/4HeuT/38/), que contén información sobre 142 cemiterios e que está aberto á colaboración cidadá.

Tania Vázquez García (Chantada, 1993) é graduada en Linguas e Literaturas Modernas, no itinerario de Filoloxía Románica, coa mención de Premio Extraordinario polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Entre as súas publicacións cabe destacar a obra de autoría colectiva Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa, coordinada por Esther Corral Díaz e Yara Frateschi Vieira. Na actualidade, é profesora de ensino secundario da especialidade de Lingua e Literatura no IES Val do Asma

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...