HomeEconomíaMedio Rural destina 4M€ a pasteiros

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

 A Consellería do Medio Rural afondará na súa aposta polos pasteiros cun investimento de catro millóns de euros neste 2025. Así o salientou este mércores a titular do departamento, María José Gómez, nunha visita ao concello de Sarria, onde comprobou os traballos realizados para a posta en marcha do pasteiro de Goián – Sarria. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a conselleira avanzou que neste 2025 se prevé actuar en 519 hectáreas para crear 26 pasteiros na nosa comunidade; dos cales oito se localizarán na provincia de Lugo.

As actuacións para poñer en marcha os pasteiros implican diversos labores como a implantación dun pasto herbáceo de calidade, mediante a corta e roza, o encalado, a sementeira ou o despregado, entre outros. Inclúen tamén outro tipo de accións como a instalación de peches perimentrais, pasos canadense ou a colocación de sistemas de retención e control para a xestión do gando.

María José Gómez referiuse aos pasteiros como “unha moi boa ferramenta” para favorecer a permanencia do tecido agrogandeiro das contornas rurais, xa que amplían a base territorial e a extensificación das súas producións. Ademais, contribúen a protexen os montes fronte aos lumes forestais e favorecen a biodiversidade ao rachar a continuidades de mato e arboredo. Tamén incrementan de xeito considerable o benestar dos animais polo seu maior acceso ao pastoreo, explicou a conselleira. Dende o ano 2020 o Plan de Pastos deseñado por este departamento permitiu actuar en máis de 1.930 hectáreas e 80 pasteiros, cun investimento que ronda os 10,5 millóns de euros

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...