Homesociedade"Cando vin que non podía seguir, decidín avisar a toda a familia",...

“Cando vin que non podía seguir, decidín avisar a toda a familia”, Edu Iglesias, motorista no Dakar

Unha avaría mecánica tronza as aspiracións do monfortino no Dakar 2025. Tivo que abandoar na sexta etapa e a 60 quilómetros da meta, pasando ademais toda a noite no deserto ao abrigo da area do deserto e da súa moto.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O motorista monfortino Eduardo Iglesias suma unha nova experiencia na súa sexta participación na competición automovilística máis dura do mundo: un abandono por fallo mecánico e ter pasado unha noite enteira no deserto baixo as estrelas, cunhas barriñas enerxéticas e ao abrigo dunha manta térmica e da súa moto. Unha vivencia máis que lembra que este rally non só pon a proba as habilidades técnicas dos pilotos senon tamén a súa resistencia física e mental.

A etapa que afrontaba Iglesias, a sexta despois da xornada de descanso, era especialmente dura, con 605 quilómetros de especial e cun percorrido cheo de dunas e area solta. Malia o esforzo por manter o ritmo e superar as dificultades, unha avaría mecánica freouno a tan só 60 quilómetros da meta. Ademais, ao contratempo anterior sumouse a chegada da noite que retrasou o rescate ata o día seguinte.

Dando por feito que avaría é definitiva e non vai forzar para continuar, o motorista monfortino decidiu parar e falar coa organización. “Dinme que me van mandar un camión que vai recollendo motos participantes polas dunas, pero que estaba a dous quilómetros e medio e ademais a zona era de dificil acceso”, comenta para lembrar a resignación deste momento.

O que máis lle preocupou a Eduardo neste punto foi a “anguria da retirada máis que o problema de quedar tirado e sen saber aínda que tiña que durmir alí”. Despois, “cando vin que non podía seguir, decidín avisar a toda a familia porque hoxe todo o mundo está pendente das aplicacións, dos puntos eses de se para ou non cada piloto…”. Ao pouco, conseguiu falar coa organización que lle desbota a opción de rescate do camión abrindo a posibilidade de que sexa un helicópero quen o faga. Sobre as 9-10 da noite chega o helicópetro “pero xa vexo que dá un par voltas e a intención non é de rescatarme como tal senon que me tira unha bolsa con algo de comida, auga e uns zumes”. Polo impacto da bolsa rompéronse as botellas dos líquidos e quedoulle só á comida, unhas barras enerxéticas coas que poder aguantar toda a noite.

“Preocupoume máis a anguria da retirada que o problema de quedar tirado e sen saber aínda que tiña que durmir alí”

Dende ese momento o monfortino viu pasar outros participantes e a organización desbotoulle xa toda posibilidade de rescate ata primeira hora da mañá. “Foi unha noite moi longa, con frío no deserto. Tirei das mantas térmicas que levamos e cavei un burato na area para protexerme con ela”, relata.

Eduardo Iglesias. Foto cedida.
RESIGNADO PERO CONTENTO

Eduardo recoñece que nese momento entroulle anguria. E máis que do frío, pensando no tema deportivo, no abandono forzoso estando tan ben fisicamente. En palabras del “estaba indo de menos a máis e creo que podía ter feito un gran resultado final deste Dakar, pero bueno, a organización sabía que os horarios ían ser moi difíciles e meter ás motos nas dunas para facer noite era moi complicado… pero o Dakar é así. Un pouco frustrado por non acabar e que neste Dakar non poda chegar ao final e levar a bandeira galega ao podio, pero contento dentro do malo por non ter ningún tema físico importante”.

“a organización sabía que os horarios ían ser moi difíciles e meter ás motos nas dunas para facer noite era moi complicado… pero o Dakar é así”

Dende o pasado martes está xa por Monforte e agradecido de todos e todas as que se preocuparon por el tras o abandono do Dakar.

ÚLTIMAS

O Servizo de Educación e Apoio Familiar de Chantada refórzase cun psicólogo

O labor de acompañamento socioeducativo e asesoramento do SEAF chantadino refórzase agora con apoio...

Conta atrás para que a candidatura da ‘Ribeira Sacra: Paisaxe da auga’ sexa Patrimonio Mundial da Unesco en 2026

A Xunta de Galicia afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da...

Juan de Dios Ruano ensinou socioloxía no IES A Pinguela a través das pinturas do Museo do Prado

Juan de Dios Ruano Gómez, profesor e doctor de Socioloxía Política na Universidade da...

O músico quirogués Rubén Gutiérrez, ‘Peitoescuro’, prepara o lanzamento do seu traballo “Alvorada”

Pre-estrea do primeiro Sinxelo+Video 'ALVORADA', un traballo musical que ten como protagonista ao músico 'Peitoescuro'...