HomesociedadeDende o luns os cribados de cancro de mama do distrito sanitario...

Dende o luns os cribados de cancro de mama do distrito sanitario de Monforte realizaranse en Lugo

Será unha medida provisional co obxectivo de proceder á reparación ou dotación dun novo mamógrafo no Hospital Público de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou de que, a partir do próximo luns, día 17 de febreiro, e de maneira provisional, co obxectivo de proceder á reparación ou dotación dun novo mamógrafo no Hospital Público de Monforte de Lemos, os cribados de cancro de mama das mulleres do distrito sanitario de Monforte de Lemos realizaranse en Lugo. Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Consellería de Sanidade, a través da Dirección xeral de Saúde Pública, proporciona transporte gratuíto ás mulleres para que se despracen a Lugo para a realización das mamografías do programa de cribado, que levarán a cabo no centro de saúde da Praza de Ferrol.

Desta forma, envía no SMS unha ligazón á web do departamento sanitario galego con toda a información dos horarios dos autobuses. Esta medida será provisional, mentres non se repare ou se dote dun novo mamógrafo ao Hospital Público de Monforte. Desde a área sanitaria xa traballan para ofrecer unha “áxil resposta a esta situación”. No momento en que o Hospital Público de Monforte teña operativo de novo o mamógrafo, desde a Consellería de Sanidade procederase a informar de modo particular ás persoas que estivesen citadas para a realización do cribado en Lugo.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...