HomesociedadeCharla sobre doazóns de órganos no IES Daviña Rey de Monforte

Charla sobre doazóns de órganos no IES Daviña Rey de Monforte

Entre outras cousas, na conferencia desmentíronse mitos comúns, fomentouse a reflexión sobre a importancia de falar coa familia sobre as decisións de doazón e fíxose énfase na relevancia da concienciación xuvenil para xerar un cambio positivo na sociedade.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O pasado luns 17 de febreiro o IES Daviña Rey tivo a oportunidade de acoller unha charla sobre a doazón de órganos por parte dous expertos na materia, Miguel Ángel Fernández e Delia Lorenzo Zarandona.

No trascurso da conferencia explicouse a importancia da solidariedade na doazón e como salvar vidas mediante este acto, así como a importancia da Sanidade Pública. Abordáronse os procedementos médicos e legais involucrados, destacando que calquera persoa pode ser doante se así o desexa. Ademais, comentan dende a Dirección do centro, “desmentíronse mitos comúns, fomentouse a reflexión sobre a importancia de falar coa familia sobre as decisións de doazón e fíxose énfase na relevancia da concienciación xuvenil para xerar un cambio positivo na sociedade”.

Ao longo do acto o alumnado tivo a oportunidade de preguntar para aclarar dúbidas xurdidas sobre o tema.

Estado do salón de actos do centro escolar durante a charla. Foto: IES Daviña Rey.
GALICIA, EXEMPLO EN DOAZÓNS DE ÓRGANOS

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) alcanzou en 2024 unhas cifras que lle fixeron bater a súa propia marca tanto en transplantes de órganos realizados (424) como en doantes (137), mentres que a lista de pacientes que están á espera de recibir un órgano caeu ao mínimo histórico, con 193. 

O principal dato son os 424 transplantes realizados no Sergas en 2024, máis dun ao día e seis deles de urxencia. Esta cifra global supón un incremento dun 28% con respecto a 2023 –cando foron 331– e unha taxa de 157 por cada millón de habitantes. Toda unha marca en Galicia desde que en 1981 arrincou o programa de doazóns.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...