HomeDeportesAgreden a un árbitro menor de idade tras o partido entre o...

Agreden a un árbitro menor de idade tras o partido entre o Calansancio e o Arenteiro

Di que foi agredido por un grupo de siareiros do Arenteiro.

Publicado o

- Advertisement -

A familia dun árbitro de 16 anos presentou unha denuncia ante a Policía Nacional despois de sufrir unha agresión o fin de semana pasado, á saída dun partido de fútbol de benjamines en Monforte de Lemos.

Segundo informan a Europa Press fontes do colexio de árbitros, ocorreu tras o enfrontamento entre o Calasancio, equipo monfortino, contra o Arenteiro, do Carballiño (Ourense), con resultado 7-1. O partido transcorreu “con normalidade” e non se apreciaba unha especial tensión entre o público.

Os feitos non figuran na acta arbitral porque a agresión denunciada foi posterior. Ao parecer, de acordo con estas fontes, un grupo de afeccionados do Arenteiro perseguiron ao  árbitro mozo ata o aparcadoiro anexo ao campo, onde ía coller o coche coa súa nai.

Foi nese momento cando, segundo a denuncia interposta, empezárono a increpar, chegaron a agarralo do brazo e, mesmo, agredírono ata o punto de deixarlle marcas nas costas. Posteriormente, el e a súa familia acudiron ao Hospital de Monforte para obter un parte de lesións co que presentar denuncia ante a Policía Nacional, que investiga os feitos para dar cos presuntos autores da agresión.

O colexio de árbitros mostra todo o apoio ao mozo afectado, que se atopa “moi animado” e “quere seguir” con este labor, segundo trasladan.

ÚLTIMAS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...