HomeDeportesO Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

O Concello de Chantada acolle o 1 de maio as xornadas tecnificación de CxM da Federación Galega de Montañismo para os adestramentos técnicos das categorías infantil, cadete e xuvenil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e a seleccionadora da Federación reuniranse en Chantada para a preselección destas categorías utilizando parte do percorrido do Trail Heroica Sacra.

En horario de 9:00h a 19:00h os corredores entrenarán nos tramos das marxes do río Asma ata a desembocadura no Miño para seguir polos Codos de Belesar e subir a Chantada polo Camiño de Inverno.

O ano pasado tamén, a Federación Galega de Atletismo escollera Chantada para unha sesión técnica cunha vintena de participantes da selección galega de cadetes e infantís.

O Concello de Chantada colabora con estas actividades aportando os servizos e infraestruturas necesarias para a realización das distintas probas nun tipo de deporte que busca terreos con desnivel onde haxa un percorrido permanente de trail para poder entrenar. “Para nós é unha honra que Chantada sexa o destino escollido por ambas Federacións para desenvolver estas probas. Ademais somos un punto central para que poidan vir nenos de toda Galicia”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...