HomeCultura'O Saviñao en foco': exposición fotográfica de José Manuel Paradela

‘O Saviñao en foco’: exposición fotográfica de José Manuel Paradela

A mostra foi inaugurada o pasado 20 de abril, no Círculo Saviñao, e poderá verse ata o 1 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado domingo, 20 de abril, quedou inaugurada no Círculo Saviñao de Escairón a exposición “O Saviñao en foco” do fotógrafo e socio da entidade José Manuel Paradela Pallares.

Na presentación estivo o Alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, e numerosos asociados e asociadas coñecidos do autor que non quixeron perder unha mostra que reflicte, segundo palabras do presidente da entidade organizadora, Enrique Sampil, “as nosas terras dunha maneira cercana e á vez distinta”.

O autor, José Manuel Paradela, falando no momento da inauguración. Foto: Círculo Saviñao.

O propio Sampil di que a mostra está tendo unha gran expectación e desexa que sexan moitas e moitos aqueles que “a visiten e percorran coa curiosidade e o afecto que a creatividade do autor merece”.

A exposición pódese visitar ata o 1 de xuño no salón interior das instalacións do Círculo do Saviñao.

Visitantes da exposición. Foto: Círculo Saviñao.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...