HomesociedadeEn maio comeza a renovación da N-540 entre Chantada e Lugo, segundo...

En maio comeza a renovación da N-540 entre Chantada e Lugo, segundo anunciou a subdelegada do Goberno

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, comunicou este xoves en Chantada a continuidade das obras de rehabilitación do firme na estrada N-540. A actuación, impulsada polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, entrará nunha nova fase a partir do mes de maio, coa renovación completa do tramo entre Chantada e Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra abrangue a rehabilitación integral do firme entre os quilómetros 0,000 e 68,900 da N-540 ao seu paso pola provincia de Lugo. Inclúe a renovación estrutural e superficial do firme, así como actuacións complementarias destinadas a manter os niveis de servizo da infraestrutura.
 
O proxecto contempla o fresado do firme existente, recrecido con capas sucesivas e aplicacións de adherencia. Nas zonas máis deterioradas executarase a demolición completa do paquete de firmes e a escavación dun metro de profundidade para repoñer as capas dende a base. Tamén se regularizarán as beiravías e mellorarase a sinalización horizontal e vertical. A subdelegada salientou que a intervención supón un salto cualitativo na seguridade viaria: “Non se trata só de renovar o asfalto, senón de adaptar a estrada ás necesidades actuais, protexendo aos colectivos máis vulnerables, como ciclistas e motoristas”.

O firme da N-540 foi executado no ano 1996 e, ao longo destes anos, sufriu diversas reparacións, moitas delas a base de lechadas bituminosas. A intervención actual supón unha rehabilitación estrutural en profundidade. Esta obra está incluída no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que o Ministerio leva investidos máis de 120 millóns de euros na provincia de Lugo desde xuño de 2018.

Durante a visita, Rodríguez estivo acompañada por Iago Fonteboa, enxeñeiro técnico de Obras Públicas do MITMS en Lugo; Begoña Abeledo, xefa de obra da empresa contratista Taboada e Ramos; e Óscar Catoira, da asistencia técnica de control e vixilancia, ademais do alcalde de Taboada, Roi Rigueira, e distintos representantes públicos dos concellos da comarca.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...