HomesociedadeO 'Camiño de Inverno Gusta:un roteiro de sabores' chega a Pantón

O ‘Camiño de Inverno Gusta:un roteiro de sabores’ chega a Pantón

Farao este 17 de maio e os participantes visitarán o Mosteiro de San Salvador de Ferreira ademais de experimentar unha cata de viño a cegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O roteiro de sabores que impulsa o GDR Ribeira Sacra Courel chega á súa 5ª etapa que será no Concello de Pantón. Concretamente no Mosteiro de San Salvador de Ferreira, o vindeiro 17 de maio ás 19:00 horas

Ademais da visita guiada a un edificio con moita historia, os e as participantes gozarán dunha cata de viño a cegas, unha experiencia diferente para estimular os sentidos.

Dende a organización lembran levar o pasaporte para o seu selado no caso de participantes que xa estiveran en eventos realizados nas anteriores etapas: Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, ou Monforte.

Dende a organización acaban de confirmar que as prazas para anotarse nesta etapa están xa esgotadas.

O CAMIÑO DE INVERNO GUSTA: UN ROTEIRO DE SABORES

O obxectivo principal desta iniciativa é promocionar o Camiño de Inverno e resaltar o seu valor como ruta xacobea a través da súa gastronomía e historia. “O Camiño de Inverno GUSTA: Un roteiro de sabores” é, pois, un proxecto que busca poñer en valor a riqueza gastronómica e cultural desta ruta xacobea ao seu paso polos seis concellos polos que transcorre o Camiño de Inverno dentro do territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...