HomeCulturaOs nenos e nenas do Incio concienciados co seu Mamut

Os nenos e nenas do Incio concienciados co seu Mamut

Entre as actividades de Nadal que programou días atrás o Concello do Incio destacou un obradoiro de debuxo que intentaba poñer en valor a figura deste extinguido animal.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta actividade, que levaba por título “O Incio, unha historia, un debuxo”, o debuxante Xosé Manuel Fernández explicoulles aos cativos e cativas os detalles máis importantes da historia que deu lugar ao achado dos restos dun Mamut Lanudo en 1961 na canteira de Buxán. Coñecido o relato de como estes animais poideron chegar a estas terras e de como, por casualidade, se soubo que moraron aquí durante tempo, agora serían eles os que deberían plasmar o anterior en debuxos.

Mamut do Incio. Autora: Dana
Mamut do Incio. Autora: Paula

A primeira parte do traballo consistiu en que cada participante debuxase un mamut, e a segunda en intentar levar o acontecido á banda deseñada creando unha historia gráfica. Primeiro unha libre interpretación debuxada do “Mamut do Incio” e despois unha recreación da historia en varias viñetas.

A historia gráfica do Mamut do Incio. Autor: Adrián

Con esta actividade, ademais de encher de lecer creativo unhas horas do mes de decembro para os pequenos e pequenas, tamén se pretendía comprobar que coñecen detalles importantes da historia do Incio e que están concienciados da importancia que teñen.

A actividade desenvolveuse unha tarde no Salón Multiusos do Incio, na Casa do Concello, e outra tarde no Local Social da parroquia de Vilademouros. Ao final das dúas xornadas a alcaldesa Laura Celeiro quedou moi satisfeita cos traballos e a maioría dos nenos e nenas cederon os debuxos para difundilos. Todos e todas coincidiron en estar orgullosos do “seu Mamut” e un traballo conxunto de profesor e alumnos realizado o primeiro día quedou de agasallo para o concello.

Debuxo conxunto realizado por profesor e alumnos/as que quedou de agasallo para o concello.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...