HomesociedadeEncoro Aventura, programa de visitas ás presas de Belesar, Santo Estevo e...

Encoro Aventura, programa de visitas ás presas de Belesar, Santo Estevo e Os Peares

A Deputación de Lugo lanza Encoro Aventura, un programa de actividades gratuítas nas presas da provincia. Serán un total de 10 experiencias que se desenvolverán entre os días 28 de xuño e o 13 de xullo e para as que será imprescindible reservar praza a través da páxina web da Deputación: www.deputacionlugo.gal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

140 persoas terán a oportunidade de coñecer o territorio a través de 10 accións personalizadas que reforzarán a aposta por un turismo de calidade, sostible e diferenciado baseado nas experiencias. Deportes acuáticos, BTT, sendeirismo científico e literario, astronomía, música ou enoturismo son algunhas das propostas desta iniciativa da institución provincial. Encoro Aventura enmárcase en Turembalses, un proxecto turístico do Ministerio que pretende aproveitar estas construcións como recurso turístico e para o que a Deputación recibe 127.500€ de fondos europeos dos 700.000€ cos que está dotado a iniciativa.

A deputada, Pilar García Porto, explica que haberá actividades na contorna dos encoros de Santo Estevo, Os Peares, Belesar e Grandas de Salime, implicando aos concellos lucenses de Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Chantada, Portomarín e Negueira de Muñiz.

“O programa baséase nun oferta de actividades cun marcado carácter de experiencia, nas que se ten primado a exclusividade, a personalización, a participación activa do visitante e o compoñente emocional”, detallou a Deputada. Informou que as propostas están dirixidas “a grupos reducidos –de 12 de persoas- con interese en coñecer en profundidade os valores da cultura, a paisaxe e o patrimonio local”.

Programa de actividades

Ioga entre viñedos. 12 de xullo. 10:00 horas. Santa María de Pesqueiras. Encoro de Belesar. A actividade consistirá nun paseo de activación entre os viñedos, unha sesión de ioga ao aire libre e un pequeno xantar con produtos locais da Ribeira Sacra.

Baño de bosque na Embelesadora. 5 de xullo. 12:00 horas. Ruta da Embelesadora, Taboada. Percorrido pola ruta cun momento sensorial guiado e un almorzo con produtos locais.

Entre rochas e raíces. 6 de xullo. 10:00 horas. Lugar dos Chancís e Petroglifos de Nogueira. Embalse de Santo Estevo Ruta desde o miradoiro sobre o encoro abordando aspectos da xeoloxía, a botánica e outros elementos científicos do canón.

Maridaxe estelar. 5 de xullo. 22:00 horas. Presa dos Peares. Unha experiencia nocturna para descubrir o ceo estrelado. Haberá tamén un pícnic e unha visita a unha bodega local.

Bancais sobre rodas. 29 de xuño. 10:00 horas. Encoro de Santo Estevo. Roteiro en bicicleta de 18 quilómetros pola Ribeira Sacra, con paradas clave nalgúns dos miradoiros máis impresionantes do canón do Sil e en restos arqueolóxicos milenarios.

Remando pola memoria do Sil. 4 de xullo. 15:00 horas. Embarcadoiro de Ponte do Sil. Travesía en caiac polos canóns do Sil.

“Todo esto te daré”. 11 de xullo. 17:00 horas. Aldea de Belesar. Os Peares. Unha visita guiada pola aldea de Belesar, a ruta irá acompañada da lectura de diferentes fragmentos da obra de Dolores Redondo.

Artes e Oficios do Miño. 13 de xullo. 10:00 horas. Encoro dos Peares. Un paseo pola ruta do Pincelo, un sendeiro polo que coñecer técnicas e saberes vencellados á vida no rural, incluíndo un taller de cestería.

Tarde de pedra e ecos. 28 de xuño. 17:30 horas. Igrexa de San Xoán de Portomarín. Visita guiada, pícnic ao aire libre e concerto de música medieval a cargo do grupo Canta Compaña na propia igrexa.

Baixo as estrelas de Negueira de Muñiz. 28 de xuño. 19:00 horas. Negueira de Muñiz Visita a unha cooperativa local, a unha bodega, cata guiada e ruta gastronómica. Á noite, observación astronómica acompañados por un experto e brinde baixo as estrelas

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...