HomesociedadeO Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Coa chegada do verán o Concello de Chantada reforza a sinalización dos recursos turísticos nos accesos ao Monte Faro desde a LU-P- 1002 e a LU-213

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de Nosa Señora do Faro e o miradoiro do Faro. Desde esta primavera este espazo está recoñecido tamén como miradoiro Starlight, un referente na protección do ceo nocturno e o desenvolvemento do astroturismo dentro do territorio Ribeira Sacra.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, asegura que, “Coa nova sinalización melloramos a accesibilidade a este punto estratéxico, miradoiro natural e paso do Camiño de Inverno”.

Sinalización turística Monte Faro / Concello de Chantada

Precisamente nos meses de verán aumenta o número de peregrinos que chegan a Chantada a través do Camiño de Inverno. Adéntranse no municipio pola zona da ribeira en Belesar, ascendendo pola ladeira oeste do Miño nun trazado sinuoso que evita a forte pendente dun terreo, que percorre petos de ánimas, cruceiros, muíños, igrexas, pazos,… E despois de cruzar a vila do Asma comeza a subida que os leva ao Monte do Faro.

“En Chantada o peregrino camiña pola ribeira e a montaña, con fermosas e variadas paisaxes de todo o que é o noso municipio. Ademais cando chegan a Chantada pasean a nosa zona vella de galerías e soportais, as nosas prazas e zonas verdes e atopan aquí todos os servizos necesarios para a comodidade do seu camiño”, invita Lorenzo Varela.

Ceo nocturno Faro / Alberto Leiras

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...