HomeCulturaSarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

O programa é moi amplo e inclúe espectáculos de narración oral, danza, teatro, música en directo e humor. O cartel está formado integramente por artistas galegos, como Luis Zahaera, que ofrecerá un monólogo o día 18.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición do Festival Ultreia e Suseia, que organiza a empresa local Etiqueta Negra e que conta coa colaboración, entre outras entidades, da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación.

O festival concede especial protagonismo ás asociacións culturais da comarca, que participan activamente nas actividades. Os actos que se ofertan ao longo da semana están pensados para todo tipo de públicos e idades.

Ademais de propostas que xa tiveron éxito noutras edicións como as Camiñografías – paseos escénicos pola vila – este ano haberá algunhas novidades, como as primeiras Olimpíadas Rurais.

O delegado territorial, Javier Arias, gabou a “orixinalidade” deste festival, que valorou como “unha gran oportunidada para exhibir todo o traballo cultural que se fai en Sarria” e promocionar “o talento artístico que temos en Galicia”.

Tamén suliñou que a Xunta aposta por descentralizar a oferta de actividades culturais e de ocio para que toda a cidadanía poida desfrutar delas. “Para iso o Goberno galego colabora coa programación organizada por entidades de toda a provincia”, ademais de impulsar distintos programas como Cultura no Camiño, que achega unha programación diversa e de calidade a diferentes concellos lucenses.

Pola súa banda o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, destacou a aposta do colectivo por incorporar ao programa ao tecido cultural e asociativo de Sarria e da comarca, “un compromiso que asumimos como propio desde a área de Cultura e que guía tamén a colaboración con este festival con propostas como o paseo teatralizado e a foliada aberta prevista para o 20 de xullo”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...