HomeEconomía4,25 millóns de euros para formentar a transformación e elaboración de produtos...

4,25 millóns de euros para formentar a transformación e elaboración de produtos vitícolas

O DOGA publica este luns 14 de xaneiro a orde de Medio Rural pola que se establecen as bases das axudas para investimentos que permitan a elaboración e comercialización de produtos vitícolas para o período 2019-2023.

Publicado o

- Advertisement -

Poden solicitar as achegas tanto empresas vitivinícolas como organizacións e asociacións de produtores e organizacións interprofesionais. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xaneiro. Este ano, estas axudas aumentan o seu orzamento máis dun 13%., chegando aos 4,25 millóns de euros a investir en dous anos.

A través desta orde subvencionarase a construción, adquisición ou mellora de bens inmobles e a compra de maquinaria e novos equipamentos. Tamén se financia a adquisición ou desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador, de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas, así como os gastos relacionados con honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores e os estudos de viabilidade.

O obxectivo destas axudas é incrementar a dimensión empresarial das empresas, a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor e incentivar a sustentabilidade desde o punto de vista medio ambiental. Neste eido búscase o aforro de enerxía, a aposta polas renovables e a valorización e tratamento dos residuos, co fin de impulsar a certificación medioambiental das instalacións. Tamén se quere fomentar a produción ecolóxica e facilitar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...