HomesociedadeCarballedo e A Pobra do Brollón acollen campamentos xuvenís da Xunta

Carballedo e A Pobra do Brollón acollen campamentos xuvenís da Xunta

A Xunta de Galicia promove este verán varias actividades xuvenís na zona sur da provincia de Lugo, a través do programa de campamentos da Dirección Xeral de Xuventude. o campo de voluntariado "Romería e Castro de San Lourenzo", na Pobra do Brollón, e o campamento infantil de inmersión lingüística en Carballedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso do campo de voluntariado de Pobra do Brollón, participan trece mozos e mozas de entre 18 e 30 anos procedentes de Galicia, doutros puntos de España e doutros países como Italia ou Hungría. A actividade celébrase do 1 ao 12 de agosto, e combina a posta en valor do patrimonio arqueolóxico co traballo comunitario. Os voluntarios colaboran na escavación e mantemento do castro e da necrópole medieval de San Lourenzo, baixo supervisión técnica especializada, e tamén participan na organización da tradicional Romaría que terá lugar no propio castro o 10 de agosto.

Pola súa parte, o campamento xuvenil de Carballedo céntrase no fomento do inglés e celébrase no centro de inmersión lingüística dos Peares. Na primeira quenda, do 1 ao 8 de agosto, participan 50 nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2016, e realízanse xogos, obradoiros e actividades ao aire libre con contidos parciais en inglés. Esta será a primeira das tres quendas programadas, que continuarán con grupos de rapaces de máis idade nas próximas semanas.

A Xunta continúa así a súa aposta por un lecer educativo, accesible e de calidade en todas as comarcas, favorecendo tanto o coñecemento do patrimonio cultural como a aprendizaxe de idiomas, a convivencia e o contacto coa natureza.

Campamento Carballedo / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...