HomesociedadeRuta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

A Xunta colabora coa II Festa da Xuventude e Ruta Cabalar que se celebra este sábado na parroquia de Friolfe, no concello do Páramo. As dúas citas desenvólvense por primeira vez de forma conxunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo Pica e Terma, que se encarga do relacionado coa actividade ecuestre.

A celebración comezará ás 10.30 horas coa ruta cabalar. Os participantes sairán do campo da festa de Friolfe e farán un percorrido duns 15 quilómetros polo municipio. Pasarán polos núcleos de Guisande, Villaeiriz, Cendoi, A Veiga, Piñeiro, o campo da feira da Páramo e San Martiño, antes de voltar a Friolfe sobres as 14.00 horas. Preto de 60 persoas formalizaron xa a súa inscrición para participar na actividade.

A programación festiva continuará durante toda a tarde na parroquia paramesa, cun xantar de confraternidade e unha sesión de tardeo con animación musical, e rematará coa tradicional verbena, coas orquestras Punto Clave e Cinema. O campo da festa estará cuberto cunha carpa.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...