HomeCulturaA Pobra do Brollón acolle 'Vendaval', a 2ª Mostra de Cinema Portugués...

A Pobra do Brollón acolle ‘Vendaval’, a 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra

Será o sábado 22 de novembro e proxectaranse 4 curtametraxes na Casa da Cultura 'Olga Novo ás 20:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Pobra do Brollón será a vila que acolla un pase outonal da 2ª edición de Vendaval, unha Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra promovida pola asociación ‘A Memoria é Náufraga’ e que contará nesta ocasión coa colaboración do concello anfitrión. 

No pasado mes de agosto, este mesmo festival realizouse en diferentes localizacións da Ribeira Sacra, concretamente nos concellos de Sober, Sarria e Bóveda. Daquela proxectáronse un total de 17 filmes: 5 longametraxes e 12 curtas. Os nosos colaboradores de Segredos de Pantón fixéronlle unha entrevista a Tamara González, encargada da Dirección e programación do Vendaval, graduada en Comunicación Audiovisual na UPL pasando pola Escola Superior de Teatro e Cinema e pola Universidade Nova de Lisboa.

A mostra deste outono será máis reducida e terá lugar o sábado 22 de novembro na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:00 h. Proxectaranse catro curtametraxes: O Homem de Trás-os-Montes de Miguel Moraes Cabral (27′), Longe da Amazónia de Francisco Carvalho (18′), Kora de Cláudia Varejão (29′) e Anjo de Miguel Nunes (24′).

Tres dos catro filmes, serán mostrados en versión original subtitulada ao galego, con traducción de Héctor Pardo Álvarez (Anjo) e María Prieto (O Homem de Trás-os-Montes e Longe da Amazónia) mentres que Kora terá subtítulos en castelán.

ÚLTIMAS

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...