HomesociedadeDerradeira actividade do 'Outono Xeolóxico' no Xeoparque Montañas do Courel

Derradeira actividade do ‘Outono Xeolóxico’ no Xeoparque Montañas do Courel

Este pasado sábado, 22 de novembro, tivo lugar a 'Xeorruta do Ferro 2: pontes de ferro e pazos de viño en Ribas de Sil'. Os participantes inscritos visitaron varios xeomiradoiros, fixeron un paseo urbano por San Clodio lembrando a chegada do ferrocarril a esta vila e asistiron a unha cata nas instalacións da adega Pazo de la Cuesta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado sábado remataba o ciclo de actividades do ‘Outono xeolóxico’, unha iniciativa do Xeoparque Montañas do Courel para divulgar o patrimonio deste territorio e contribuír tamén á desestacionalización das visitas turísticas. A derradeira actividade “Xeorruta do Ferro 2: pontes de ferro e pazos de viño en Ribas de Sil” completou as prazas e resultou un éxito segundo traslada a xerencia do propio xeoparque.

Os participantes puideron gozar das vistas dende os Xeomiradoiros das Fontes e o de Pómez; visitaron as instalacións da adega Pazo de la Cuesta, onde puideron gozar dunha cata dos seus viños, e fixeron un paseo urbano pola contorna de San Clodio para falar, entre outras cousas, da ponte de ferro e a chegada do ferrocarril á vila. Acompañando aos asistentes, como guías e informantes, estiveron o técnico do Xeoparque, Roi, e o mestre e escritor local, Manuel Cao.

Visita a un dos xeomiradoiros. Foto: Xeoparque Montañas do Courel.
A carón das vías do tren e da estación de ferrocarril San Clodio-Quiroga. Foto: Xeoparque Montañas do Courel.
BENVIDA DE AUTORIDADES

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Alcalde de Ribas de Sil e presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Roberto Castro, deron a benvida ás persoas que participaron na actividade. A deputada lembrou que a institución provincial colabora co Xeoparque cunha achega económica de 25.000€ “para realizar diferentes accións de promoción e difusión coma esta”. Nesta liña, agradeceu o traballo que levan a cabo para “divulgar a riqueza xeolóxica, cultural e paisaxística deste territorio. Un traballo do que a institución provincial forma parte, colaborando de maneira firme e continuada para que iniciativas así sigan medrando e atraendo cada vez máis visitantes”.

Finalmente, García Porto, recalcou que “o territorio do Xeoparque é un lugar único, recoñecido pola UNESCO, e tamén un exemplo de como a unión dos concellos, da comunidade científica e das administracións pode crear oportunidades, impulsar o desenvolvemento sostible e contribuír a fixar poboación no rural. Ese é o noso compromiso: seguir apoiando un modelo de turismo responsable, de calidade, que respecte o territorio e que xere valor aquí, onde máis se necesita”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...