HomeEconomía'Compras expréss', iniciativa da asociación de comerciantes do Xeoparque para este Nadal

‘Compras expréss’, iniciativa da asociación de comerciantes do Xeoparque para este Nadal

Por cada compra superior a 10 € obterase unha participación para o sorteo de catro compras expréss por valor de 300 € cada unha.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel, na Comarca de Quiroga, impulsa unha actividade coa que pretende dinamizar o comercio local neste mes de decembro aproveitando a celebración do Nadal.

A proposta, bautizada como ‘Navidad Expréss’, premiará con compras expréss valoradas en 300 euros ás catro persoas que teñan a sorte de ser escollidas tras un sorteo no que se opta a premio sumando participacións nunha urna. Por cada compra no comercio local igual ou superior a 10 €, e realizada entre o 1 e o 31 de decembro, obterase unha participación.

Dende a asociación convocante informan que “cada premiado de cada unha das compras expréss (catro) terá unha hora para gastar os 300 € nos negocios participantes na promoción. Así mesmo, non poderá gastar máis de 50 € por local, é dicir, terá que pasar como mínimo por 6 negocios diferentes”.

O sorteo realizarase o 2 de xaneiro ás 21:00 h na Cafetería A Botica mentres que as compras expréss terán lugar o día 9 de xaneiro e as persoas premiadas estarán acompañadas por un membro da directiva da asociación para comprobar que se cumplen as bases da campaña. “Existe a posibilidade de que se lle faga un vale por un valor nunca superior de 50 € nalgún dos comercios, se non desexa facer a compra nese momento”, engaden dende a organización.

Cartel e comercios participantes.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...