HomeMedio ambiente e PatrimonioRoteiro "entre petróglifos e castros" en Pantón

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación Segredos de Pantón organiza esta saída cultural o domingo 14 de decembro. Farase un percorrido polos castros de Amboade, Vilar de Ortelle e Guítara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo 14 de decembro. Trátase dun roteiro cultural que levará aos interesados e interesadas, en palabras da entidade organizadora, a “emprender unha viaxe ao noso pasado nun percorrido polos castros de Amboade, Vilar de Ortelle e Guítara, acompañados polos petróglifos da contorna. Descubriremos pegadas milenarias das antigas comunidades que habitaron estas terras, combinando historia, natureza e patrimonio”.

O punto de encontro será a Igrexa de Santiago de Vilar de Ortelle e a hora anunciada as 10:00. A partir deste lugar a xente participante moverase en coches particulares rematando a actividade no Castro da Guítara.

Segundo indican da organización, cómpre anotación previa e o pagamento de 2 euros. Ademais, a participación está aberta ata un límite de 30 persoas.

Inscricións: segredosdepanton@gmail.com / Teléfono e whatsapp 662 669 223 (Lucas Vázquez).

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...