Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00. A seguinte actividade co curso avanzado será os días 26 e 27 de xaneiro. Para máis información pódese contactar co teléfono: 982 45 63 77.
Na primeira formación verase o uso básico do smartphone, a seguridade no móbil, aplicacións do día a día, bulos e noticias falsas, redes sociais e creación de contidos audiovisuais.
No curso avanzado abordarase o uso responsable da tecnoloxía, a seguridade e internet e redes sociais, cidadanía e identidade dixital, a intelixencia artificial, e a infancia e a tecnoloxía.

