HomeMedio ambiente e PatrimonioO Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno presentará en Fitur este mércores, 21 de xaneiro, ás 14.30 horas, o seu novo vídeo corporativo e compartirá as liñas estratéxicas para os vindeiros anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en valor unha das rutas xacobeas máis singulares por atravesar as catro provincias galegas, partindo do Bierzo rumbo a Santiago, presentará o seu novo material, este mércores en Fitur, unha das maiores citas internacionais do sector turístico.

Ata o día 25, a Asociación divulgará esta vía de peregrinación cunha mensaxe dobre: por unha banda, a celebración do 10.º aniversario da oficialización do Camiño de Inverno; pola outra, as actuacións previstas para este ano, baseadas na coordinación municipal e na mellora da experiencia das persoas peregrinas.

No stand da Xunta de Galicia (Pavillón 9 de IFEMA), a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno dará a coñecer o mércores, 21 de xaneiro, ás 14.30 horas, o seu novo vídeo corporativo e compartirá as liñas estratéxicas para os vindeiros anos, con especial atención aos servizos ás persoas peregrinas e á mellora da experiencia en ruta; á dixitalización e á comunicación (web e redes sociais) orientadas a planificar a viaxe e xerar comunidade; ás alianzas e colaboracións, cunha maior implicación da iniciativa privada e dos axentes do territorio; así como á promoción profesional, reforzando a presenza en feiras e encontros do sector. Ademais, o venres 23, ás 16.30 horas, proxectarase o vídeo oficial do Camiño de Santiago de Inverno no stand da Xunta de Castela e León (Pavillón 9).

Camiño de Inverno

O Camiño de Inverno percorre case 260 quilómetros, atravesa as catro provincias galegas e ofrece un itinerario de grande riqueza paisaxística, patrimonial e gastronómica, con comarcas de forte personalidade como Valdeorras, a Ribeira Sacra ou Deza. “FITUR é unha oportunidade para contar o que fai único ao Camiño de Inverno e, sobre todo, para explicar como os concellos traballamos xuntos para que o Camiño xere vida e oportunidades no territorio”, sinalan representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno. Unhas actuacións que están plenamente en consonancia coa promoción da Xunta de Galicia, que aposta por un modelo turístico sostible, responsábel e diversificado, no que se pon en valor a identidade propia dos territorios, a colaboración institucional e a variedade da oferta.

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno constituíuse o 5 de febreiro de 2018, unindo os concellos polos que discorre a ruta para coordinar accións, promover o itinerario e contribuír a garantir os servizos ás persoas peregrinas.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...