HomeTerra de LemossanidadeCourel Vivo denunciará ante o Valedor do Pobo a situación dos servizos...

Courel Vivo denunciará ante o Valedor do Pobo a situación dos servizos médicos no concello

Courel Vivo denuncia que volven estar sen médicos no concello, "este 22 de xaneiro unha soa doutora atopouse con dúas urxencias simultáneas en dous centros distintos. Isto é só un exemplo do que está a suceder neste concello da montaña lucense. A situación cada vez é máis precaria".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a formación política, nos dous centros de saúde de Folgoso do Courel non se cubren as prazas de atención primaria ou os médicos vense obrigados a “intersubstituirse”, ou están unhas horas en cada centro, ou se cubren días soltos.

A esta situación denunciada en anteriores ocasións, engaden que se vén de coñecer que Folgoso do Courel será o único municipio do ámbito do Hospital Público de Monforte sen HADO, o servizo de hospitalización a domicilio. “Dos nove concellos do ámbito de influencia do Hospital de Monforte só quedou fóra Folgoso do Courel, e a razón é a súa situación xeográfica e orografía montañosa”, lamentan.

Courel Vivo denuncia de novo esta situación de “desatención médica”, e esixe á Xunta de Galicia que dote aos dous centros de saúde con médicos de atención primaria de forma estable e continuada e tamén do servizo HADO. Esta queixa elévena outra vez ao Valedor do Pobo.

Concentración servizos médicos / Courel Vivo

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...