HomeEconomíaMaría José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria "histórica" do programa Leader

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e polo alcalde de Chantada, Manuel Varela; visitou este martes as instalacións de Efigalia Energy, no polígono industrial dos Acivros, empresa que foi beneficiaria destas achegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican o que supón o programa Leader. Cunha achega de 200.000 euros financiouse a construción dunha nave para oficinas, almacén, montaxe e xestión de instalacións de enerxías renovables, con todas as dependencias e zonas necesarias para o seu funcionamento.

Neste mesmo polígono industrial, a empresa Metal Carballedo tamén recibiu unha axuda de máis de 100.000 euros para realizar unha nave destinada a fabricación de mobiliario e carpintería de metal.

As axudas da nova convocatoria pódense solicitar ata o 6 de abril, contan cun orzamento de 28,7 millóns de euros ata 2028, “o maior da historia para o desenvolvemento rural”. Gómez destacou que esta distribución por tres anualidades permitirá que os beneficiarios poidan desenvolver as súas iniciativas cunha maior marxe de tempo, xa que se financiarán proxectos produtivos xeradores de emprego e autoemprego, así como non produtivos que beneficien á poboación rural.

Efigalia programa Leader visita Conselleira Medio Rural / Consellería de Medio Rural

Esta convocatoria da intervención Leader volve incluír o Bono activa rural, unha subvención que se basea nun importe de axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrarias nestas contornas, cunha subvención máxima de 18.000 euros.

A pasada convocatoria de 2025 permitiu beneficiar máis de 340 proxectos e contou cun orzamento de 12,6 millóns de euros. Favorecerá a creación de 175 postos de traballo e a consolidación doutros 755. Asemade, 18 destes proxectos solicitaron a axuda co Bono activa rural.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...